Celestino Pais Puga, nado en Bembibre (Val do Dubra) en 1928 e finado na mesma localidade o 24 de abril de 2002Necrolóxica en La Voz de Galicia ed. Santiago, 25-4-2002, p. 56., foi un político galego que foi alcalde de Val do Dubra.
Traxectoria Foi nomeado alcalde de Val do Dubra no ano 1967. Nas municipais de 1979 encabezou a lista de UCD e logrou ser reelixido con maioría absoluta. En 1983 encabezou a candidatura de AP, pero foi derrotado pola Agrupación Electoral Independente, obtendo ambas as formacións 6 concelleiros, por 1 do PSdeG. AP apoiou o concelleiro socialista José Pombo Grille, que desta forma logrou a alcaldía. Nas municipais de 1987 foi o número 2 da lista de AP, que encabezou Juan Manuel Baleato Iglesias, que logrou ser a máis votada, mais non puido gobernar dado á unión do PNG (integrado polos anteriores membros da Alternativa Electoral Independente) e da CPG, polo que foi elixido alcalde o nacionalista Manuel García Monteagudo. Seguiu como concelleiro na oposición, e en 1991 retirouse da primeira liña política.
Vida persoal Casou con Luísa Varela Fraga e tivo 2 fillas. Faleceu ós 74 anos o 24 de abril de 2002 na súa casa de Bembibre.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Val do Dubra
Ligazóns externas Regalos muy estudiados
Categoría:Alcaldes de Val do Dubra Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por AP Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Val do Dubra Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes