The Lost World é un filme estadounidense de 1925 dirixido por Harry O. Hoyt. É un filme de monstros e aventuras baseado na novela homónima de Arthur Conan Doyle (1912). Foi producido e distribuído por First National Pictures, daquela, un estudio grande de Hollywood, e está protagonizado por Wallace Beery como o profesor Challenger. O filme salienta por ser un dos pioneiros no uso de efectos especiais de stop motion, obra de Willis O'Brien, un precursor do seu traballo no filme King Kong. Doyle aparece nun frontispicio da película, ausente nalgunhas versións existentes.

En 1998, The Lost World foi considerado "cultural, historicamente ou esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e foi escollido para a súa preservación polo National Film Registry. Debido á súa antigüidade, o filme está no dominio público e pódese descargar legalmente en liña.

thumbtime=23|upright=1|miniatura|Versión reconstruída e restaurada da copia de 1925; tempo de 01:32:38 con créditos de peche modernos engadidos (2001).

Sinopse Unha expedición dirixida polo profesor Challenger vai de Londres ao Brasil co fin de atopar o mundo perdido que se menciona no diario do desaparecido explorador Maple White. O equipo está formado polo profesor Challenger, o profesor Summerlee, Sir John Roxton, o xornalista Edward Malone e Paula White, filla do explorador. Os viaxeiros chegan a unha meseta misteriosa na selva amazónica. Ofrécelles un espectáculo excepcional: o lugar permaneceu como na época dos dinosauros.

Personaxes

Arthur Conan Doyle como el mesmo (aparece nun frontispicio do filme, faltando nalgunhas estampas) Bessie Love como Paula White Lewis Stone como Sir John Roxton Lloyd Hughes como Edward Malone Wallace Beery como Profesor Challenger Arthur Hoyt como Profesor Summerlee Alma Bennett como Gladys Hungerford Virginia Brown Faire como Marquette, a nena mestiza (sen acreditar) Bull Montana como Home mono/Gomez Francis Finch-Smiles como Austin Jules Cowles como Zambo Margaret McWade como Mrs. Challenger George Bunny como Colin McArdle Charles Wellesley como Major Hibbard Nelson MacDowell como Attorney (sen acreditar) Chrispin Martin como Bearer/Caníbal (escenas eliminadas) Jocko o mono como el mesmo Mary a chimpancé como ela mesma (sen acreditar)

Recepción En 1922, Arthur Conan Doyle mostrou o carrete de proba de O'Brien a unha reunión da Society of American Magicians, que incluía a Harry Houdini. O público asombrado viu imaxes dunha familia de Triceratops, un ataque dun Allosaurus e algunhas imaxes de Stegosaurus. Doyle negouse a discutir as orixes do filme. Ao día seguinte, The New York Times publicou un artigo na primeira páxina ao respecto, dicindo "os monstros do mundo antigo (de Conan Doyle) ou do novo mundo que descubriu no éter, eran extraordinariamente vivos. Se son falsos, eran obras mestras".

En abril de 1925, nun voo Londres-París de Imperial Airways, The Lost World converteuse no primeiro filme que se mostrou aos pasaxeiros dunha compañía aérea. Dado que as películas da época eran de nitrato e altamente inflamables, esta era unha empresa arriscada nun avión de madeira e casco de tea, un bombardeiro convertido na primeira guerra mundial, o Handley-Page O 400.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes "The Lost World" essay by Daniel Eagan in America's Film Legacy: The Authoritative Guide to the Landmark Movies in the National Film Registry, A&C Black, 2010 , pp. 96–97

Categoría:Filmes de 1925 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Harry O. Hoyt Categoría:Filmes de aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes ambientados en Venezuela Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes ambientados no Brasil Categoría:Filmes sobre dinosauros