miniatura| Escudo do Ducado de Borgoña, utilizado por primeira vez baixo o mandato de Odón II de Borgoña Odón II de Borgoña, nado en 1118 e finado en 1162, foi duque de Borgoña (1143 - 1162).

Orixes familiares Naceu en 1118 como terceiro fillo, o primeiro varón, do duque Hugo II de Borgoña e da súa muller Matilde de Mayenne. Era neto por liña paterna do duque Odón I de Borgoña e Sibila de Borgoña, e por liña materna do Bosón I de Turena.

Ducado de Borgoña Antes de recibir o ducado do seu pai, Odón II viaxou a Portugal na loita cristiá contra os musulmáns .

Ao ascenso de Lois VII de Francia ao trono francés, Odón II negouse a renderlle homenaxe como fixeran os seus predecesores. O papa Hadrián IV, con todo, obrigouno a facelo baixo ameaza de excomuñón.

Matrimonio e descendentes Casou en 1145 con María de Blois, filla do conde Teobaldo II de Champaña e de Matilde de Carintia. Desta unión naceron:

A infanta Alicia de Borgoña (1146 - 1192), casada en 1164 con Arquimbaldo de Borbón. o infante Hugo III de Borgoña (1148 - 1192), duque de Borgoña. A princesa Matilde de Borgoña (? - 1202), casada con Roberto IV de Auvernia.

Odón II morreu o 27 de setembro de 1162 nunha peregrinación a Terra Santa para expiar os seus pecados, sendo enterrado en Citeaux.

Categoría:Duques de Borgoña Categoría:Nados en 1118 Categoría:Finados en 1162