O terremoto de Chile de 2010 foi un sismo na madrugada do sábado 27 de febreiro de 2010 e que acadou unha magnitude de 8,8 MW, sendo o segundo máis forte da historia de Chile e o oitavo do mundo.

O sismo miniatura|Mapa de intensidades do sismo|esquerda O terremoto tivo lugar ás 03:34:08 am do sábado 27 de febreiro de 2010. O seu epicentro foi submarino a uns 12,5 quilómetros da costa da rexión de Biobío, a unha profundidade de 30,1 km da codia terrestre. Nas zonas próximas o epicentro a duración máxima foi de catro minutos, mentres que en Santiago de Chile foron algo máis de 2. As zonas máis afectadas foron Valparaíso, a Rexión Metropolitana, a de O'Higgins, Maule, Biobío e Araucanía, o que supón máis do 80% da poboación chilena; aínda que tamén se sentiu en puntos máis afastados de América do Sur, como o Río da Prata e o sur do Brasil. Especialmente destrutivo foi nas rexións de Maule e Biobío, onde chegou a rexistrarse a intensidade IX na escala Mercalli, chegando a desprazar á cidade de Concepción, a máis próxima ao epicentro, 3 metros cara ao oeste. miniatura|Tempos de chegada do tsunami polo Pacífico (hora 0 = 06:34 UTC, 27 de febreiro). Chile está situado sobre o bordo da placa tectónica de Nazca, que choca contra a de América do Sur. O límite oriental da de Nazca está nunha zona de indución baixo a de América do Sur, avanzando unha sobre a outra uns 7 ou 8 centímetros cada ano. A presión xerada por este movemento é liberada nos terremotos, razón pola que Chile é un dos países con maior actividade sísmica do mundo.

Tsunami Uns 35 minutos despois do terremoto impactou contra a costa chilena un forte maremoto que arrasou algunhas localidades que xa foran moi afectadas polo sismo. Debido a unha serie de erros nos sistemas nacionais de avaliación e alerta non se puido avisar á poboación con antelación para que se puxeran a salvo.O Centro de Alerta de Tsunamis do Pacífico si que avisou do risco de tsunami no océano Pacífico alertando a 53 dos países ribeiregos.

Consecuencias A presidenta Michelle Bachelet declarou o "estado de excepción constitucional de catástrofe". O número de falecidos estímase en 525, con 500 000 vivendas con graves danos e con 2 millóns de damnificados. En moitas das zonas afectadas houbo problemas de abastecemento de alimentos e en localidades como Concepción e Talcahuano houbo saqueos e algúns disturbios que levaron ao goberno a despregar efectivos militares para garantir a orde pública. Paralelamente, rexistráronse problemas de subministración de auga potable e electricidade, algo que días despois derivou nun fallo da rede eléctrica a nivel nacional.

A reconstrución foi o primeiro grande desafío do seu executivo do goberno de Sebastián Piñera. Deste xeito, presentou o plan "Chile unido reconstrúe mellor" que pretendía dar cobertura a case 200 000 familias que se viran afectadas pola traxedia natural. Este contemplaba dar axudas ás familias para acometer obras nas vivendas afectadas así como dotar de fogares provisionais ás que o precisaran. Este esquema completouse co bono "Mans á obra" cun importe total de 15 millóns de dólares que se destinarían á merca de material de obra para ás familias afectadas. Estas axudas foron acompañadas cun cobizoso programa de reconstrución que destinaba máis de 9 000 millóns de dólares para vivenda, sanidade, educación, infraestruturas.

Notas

Categoría:Terremotos en Chile Categoría:Tsunamis Categoría:Terremotos de 2010