Shpresa Gjongecaj Vangjeli, nada o 6 de febreiro de 1952 en Tirana, é unha arqueóloga e numismática albanesa."Curriculum Vitae: Shpresa Gjongecaj-Vangjeli". Akademia e Studimeve Albanologjike (Asa.edu.al)

Traxectoria Shpresa Gjongecaj ingresou na Facultade de Filoloxía da Universidade de Tirana en 1969 e graduouse en Linguas clásicas (latín e grego antigo) en 1973. Posteriormente recibiu formación de especialización en numismática con Olivier Picard na Sorbona (París IV) e na Escola Francesa de Atenas, con Michel Amandry no Gabinete de Medallas de París e con Giovani Gorini na Universidade de Padua, entre outras institucións académicas. En 1983 acadou o seu doutoramento cunha tese titulada "Moedas de cidades ilirias", baixo a dirección de Selim Islami.

Desde 1974 está vinculada profesionalmente ao Instituto Arqueolóxico Albanés. Entre 1999 e 2007 foi a xefa do seu Departamento de Antigüidades, e de 2008 a 2013 exerceu o cargo de directora da institución."Gjongecaj, Shpresa". BNF Catlogue général.

Gjongecaj é tamén profesora de numismática na Universidade de Tirana e participou en diversas expedicións arqueolóxicas.

Entre outros encontros internacionais, cómpre salientar a súa participación nos Congresos Internacionais de Numismática de Bruxelas (1991) e de Berlín (1997), organizados polo Consello Internacional de Numismática.

Recoñecementos

(2000): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).

Publicacións Esta é unha escolma da prodicón bibliográfica de Shpresa Gjongecaj ao longo da súa traxectoria:"Gjongecaj, Shpresa". WorldCat Identities."Gjongecaj, Shpresa". Persee.fr"Gjongecaj, Shpresa ". Digital Library Numis."Shpresa Gjongecaj Vangjeli". Academia.edu

Monografías

(2015). Thesare me monedha antike të gjetura në Shqipëri (shek. V-I p.Kr) [""Tesouros de moedas antigas achados en Albania (séculos V-I a.C)"]. Tirana. ISBN 978-9928-147-30-1 (2019). Trésors de monnaies antiques trouvés en Albanie (Ve-Ier siècle av. J.-C.) (con O. Picard). École française d'Athènes, Atenas. ISBN 9782869583153Recensión da obra, por A. Meadows. En Bryn Mawr Classical Review (2021).

Artigos

(1995). "Le monnayage d'argent d'Égine et le trésor de Hollm (Albanie) 1991" (con H. Nicolet-Pierre). En Bulletin de Correspondance Hellénique, 119-1. Páxinas 283-338. (1998). "Le trésor de Dimalla 1973 et le passage du monnayage hellénistique au monnayage impérial à Apollonia d'Illyrie" (con O. Picard). En Bulletin de Correspondance Hellénique, 122-2. Páxinas 511-527. (2001). "Apollonia et le monnayage épirote : le trésor de Bakërr" (con O. Picard). En Revue Numismatique, 157. Páxinas 323-249. (2003). "Monnaies d’Apollonia" (con O. Picard). En Iliria, 31. Páxinas 259-266. (2010). "Le monnayage de Phoinikè sous l’empire romain". En Revue Numismatique, 166. Páxinas 383-396.

Notas

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Tirana Categoría:Numismáticos de Albania Categoría:Arqueólogos de Albania Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Alumnos da Universidade de Tirana Categoría:Profesores da Universidade de Tirana Categoría:Personalidades sen imaxes