Lucie Pinson, nada en Nantes en 1985, é unha ambientalista francesa, fundadora e directora da ONG Reclaim Finance, e unha dos 6 gañadores do Premio Ambiental Goldman 2020, o premio máis importante para os activistas ambientais. Liderou unha campaña que convenceu a 16 bancos franceses para que non seguisen investindo en industrias baseadas na enerxía do carbono.

Traxectoria Lucie Pinson naceu en 1985 en Nantes. Obtivo unha dobre mestría en ciencias políticas e políticas de desenvolvemento na Universidade da Sorbona en París en 2010 e 2011. Durante os seus estudos, participou na organización dos contracumios do G8 e do G20.

En 2013 uniuse a Friends of the Earth. En 2020 fundou Reclaim Finance.

Recoñecementos O 30 de novembro de 2020, Lucie Pinson recibe o premio Medioambiental Goldman para a rexión de Europa. Este é un premio que se outorga cada ano ós máis grandes defensores do medio ambiente. Este premio foille outorgado pola súa loita contra tres bancos franceses que investiron fortemente no sector do carbón. Trala súa loita, estes tres bancos, así como dúas grandes compañías de seguros, detiveron o financiamento directo de minas e plantas de carbón.

Lucie Pinson é a cuarta personalidade francesa en gañar o premio desde a súa creación en 1990, despois de Claire Nouvian en 2018, Bruno Van Peteghem en 2001 e Christine Jean en 1992.

Notas

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Ecoloxistas de Francia Categoría:Nados en Nantes Categoría:Premio Medioambiental Goldman