Ayakha Melithafa, nada en 2002, é unha activista ambiental surafricana.

Traxectoria Melithafa é de Eerste River, Western Cape, un suburbio de Cidade do Cabo. Actualmente é estudante no Centro de Ciencia e Tecnoloxía en Khayelitsha.

Melithafa foi unha dos 16 nenos, incluídos Greta Thunberg, Alexandria Villaseñor, Carl Smith e Catarina Lorenzo, que presentaron unha denuncia ante o Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas por non abordar adecuadamente a crise climática.

Melithafa tamén contribuíu á iniciativa YouLead do Proxecto 90 para 2030, unha organización surafricana comprometida cunha redución do 90% do carbono para 2030. Foi recrutada por Ruby Sampson en marzo de 2019 para unirse ao equipo de portavoces da mocidade da Alianza Climática Africana, onde tivo oportunidades para facer presentacións, asistir a conferencias e outros eventos de acción climática. Tamén traballa como oficial de recrutamento para a Alianza Climática Africana.

En particular, Melithafa avoga pola inclusión de diversas voces no activismo climático: "É moi importante que os pobres e as persoas de cor vaian a estas protestas e marchas porque son os que máis senten a ira do cambio climático. É importante para eles ter voz, para que a súa voz e as súas demandas sexan escoitadas." --- Ayakha Melithafa

Notas

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados na provincia do Cabo Occidental Categoría:Activistas de Suráfrica