As linguas barbacoanas son unha familia de linguas faladas en Colombia e Ecuador. As linguas barbacoanas ocupan unha área relativamente grande e fragmentada do sur de Colombia e das provincias costeiras de Ecuador. Existen cinco linguas vivas: cha’palaa (ou cayapa), tsafiki (ou colorado), awá pit (ou cuaiquer), guambiano (ou wam) e totoró:
Linguas As linguas barbacoanas constan de 5 linguas vivas, xa que o pasto, o muellama, o coconuco e o caranqui están hoxe extintas. Setentrionais Awan (tamén coñecida como awá ou pasto) Awá pit (tamén coñecida como cuaiquer, coaiquer, kwaiker, awá, awa, telembi, sindagua, awa-cuaiquer, koaiker, telembí) Pasto–muellama Pasto (tamén coñecida como past awá) (†) Muellama (tamén coñecida como muellamués, muelyama) (†) Coconucos (tamén coñecida como guambiano–totoró) Guambiano (tamén coñecida como mogües, moguez, mogés, wam, misak, guambiano-moguez, wambiano-mogés, moguex) Totoró (tamén coñecida como polindara) Coconuco (tamén coñecida como kokonuko, cauca, wanaka) (†)
Meridionais ? (Cayapa–tsafiki) Caranqui (tamén coñecida como cara, kara, karanki, imbaya) (†) Cha’palaa (tamén coñecida como cayapa, chachi, kayapa, nigua, cha’palaachi) Tsafiki (tamén coñecida como colorado, tsafiqui, tsáfiki, colorado, tsáchela, tsachila, campaz, colima)
Notas