Anabaena azollae é unha especie de cianobacteria da orde das nostocales, familia das nostocáceas, unha das comprendidas no xénero Anabaena.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1884 polo botánico alemán Eduard Strasburger.Roskov Y. et al. 2020: Anabaena azollae Strasburger, 1884 en Species 2000 & ITIS. Consultado o 31 de marzo de 2021.

Etimoloxía Para a do xénero, véxase Anabaena.

O epíteto específico, azollae, refírese á coñecida relación simbiótica das especies do xénero Anabaena coas dos fieitos do xénero Azolla. Anabaena azollae en glosbe.com .

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse polo sinónimo Trichormus azollae (Strasburger) Komárek & Anagnostidis.Anabaena azollae Strasb. no GBIF. Consultado o 31 de marzo de 2021.

Características Anabaena azollae, presente en rexións temperadas, tropicais e subtropicais, é unha cianobacteria filamentosa fototrófica que ten a capacidade de fixar o nitróxeno atmosférico. Esta bacteria vive en simbiose mutualista con fieitos acuáticos de auga doce do xénero Azolla aos que subministran o nitróxeno así fixado a cambio de moléculas sintetizadas polas plantas.

A asociación simbiótica entre fieitos do xénero Azolla e Anabaena azollae é utilizada polos humanos para fertilizar campos de arroz, principalmente en Asia. Os fietos cultívanse como fertilizante verde e incorpóranse ao solo antes da sementeira, ou como cultivo combinado co arroz en campos de arroz inundados.Stefano Bocchi & Antonino Malgioglio (2010): "Azolla-Anabaena as a Biofertilizer for Rice Paddy Fields in the Po Valley, a Temperate Rice Area in Northern Italy". International Journal of Agronomy 2010: 1–5. (Texto completo).

É capaz de fixar de 100 a 200 kg/ha/ano de nitróxeno. Utilizase sobre todo na China, en Vietnam e na India para fertilizar os arrozais.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Purushottam Subedi & Jiban Shrestha (2015): "Improving soil fertility through Azolla application in low land rice: A review". Azarian Journal of Agriculture 2 (2): 35-39. (Texto completo) .

Outros artigos Anabaena Azolla

Ligazóns externas Anabaena azollae en microbewiki Ampla información. Anabaena azollae na Enciclopedia Británica.

Categoría:Cianobacterias