miniatura|300px|Edipo (coas súas fillas) maldicindo ó seu fillo Polinices (André Marcel Baschet, 1883) Coñécese como a guerra dos Sete contra Tebas un dramático episodio da mitoloxía grega, unha guerra contra a cidade de Tebas (Grecia). O tema foi desenvolvido en diferentes textos da literatura grega, en especial por Sófocles na súa serie sobre Edipo e Antígona, por Eurípides (Fenicias) e, sobre todo, por Esquilo, que escribiu unha traxedia co título dos Sete contra Tebas.

Cando Hesíodo, na súa obra Traballos e días, describe as cinco idades ou razas de homes conta que a Raza dos Heroes desapareceu en guerras como a de Tebas ou a de Troia:

Orixes do conflito

Cando Edipo, rei de Tebas, descubriu que, en cumprimento dos designios do oráculo matara ó seu pai, Laio, e casara coa súa propia nai, Iocasta, e que tivera dous fillos e dúas fillas con ela Se ben, descoñecendo a verdadeira identidade de ambos., sacouse os ollos. Creonte, o irmán de Iocasta (e anterior rei de Tebas) ocupou o trono da cidade e desterrou a Edipo, que abandonou Tebas maldicindo ós seus fillos, Eteocles e Polinices, polo trato vexatorio recibido deles.

Estes acordaron gobernar Tebas en anos alternos, pero, transcorrido o primeiro ano, Eteocles negouse a ceder o seu posto e expulsou a Polinices, alegando que non era digno do trono Pseudo-Apolodoro di que "Algúns contan que Polinices gobernou en primeiro lugar e, pasado un ano entregou o poder a Eteocles, pero outros afirman que Eteocles gobernou primeiro e non quixo delegar o mando" (Pseudo-Apolodoro III, 6, 1).. Polinices exiliouse e terminou sendo acollido por Adrasto, rei de Argos, que lle prometeu restablecelo no trono de Tebas. Previamente intentou conseguir a axuda do seu pai, exiliado en Colono, pero só recibiu unha nova maldición e o augurio de Edipo que profetizou que os dous fillos se matarían entre si e que Polinices nunca reinaría en Tebas.

Adrasto tiña dúas fillas, Arxía (ou Exialea) e Deípile, que eran pretendidas por príncipes de toda Grecia, e o medo de Adrasto era que, calquera que fose a súa escolla, os pretendentes rexeitados converteríanse en futuros inimigos. Consultou a decisión no oráculo de Delfos, que lle aconsellou que xunguira no seu carro ó león e ó xabaril que loitaban no seu palacio, pero tivo que regresar sen comprender o significado desta resposta.

Polinices era un deses pretendentes, e outro era Tideo, fillo de Eneo, rei de Calidón. Tideo matara accidentalmente -iso aseguraba el- ó seu irmán Melanipo, pero os habitantes do reino non o creron e tamén o desterraron Un oráculo profetizara que Melanipo o mataría a el.. Por iso chegou a Argos buscando un mellor futuro casando coa filla do rei.

Unha noite, estando no palacio de Adrasto, Polinices e Tideo empezaron a discutir sobre as riquezas de cadansúa cidade e axiña pasaron ás mans. Antes de que chegaran a matarse, chegou Adrasto e separounos, e nese momento decatouse de que o emblema de Tebas era un león e o de Calidón un xabaril O xabaril do escudo de Tideo representaría o Xabaril de Calidón, se ben outra posibilidade é que o deus Ares, que tiña un santuario en Calidón, adoitaba disfrazarse de xabaril. Por outra banda, o león do escudo de Polinices representaría a parte dianteira da Esfinxe. Pola súa banda, Hixino conta que Polinices chegara vestido cunha pel de león (porque así vestía os emblemas da estirpe de Heracles, procedente de Tebas) e Tideo cunha pel de xabaril (en alusión ó xabaril de Calidón) (Hixino: Fábulas 69, 3-4).. Comprendendo agora o significado do oráculo, decideu casar a súa filla Exialea con Polinices e a Deípile con Tideo, a quen tamén prometeu ir á guerra para que recuperara o seu reino de Calidón, se ben despois de recuperar Tebas para Polinices.

Anfiarao

miniatura|300px|Polinices regala a Erifile o colar de Harmonía (cerámica de figuras vermellas, c. 450–440 a.C., Louvre)

Para cumprir esa promesa, Adrasto ordenou ós seus xenerais que se prepararan para a guerra, e todos estiveron conformes excepto Anfiarao. Este Anfiarao, ademais de ser un xefe militar de moita sona e probada honradez, tiña dotes adiviñatorias, e grazas a iso profetizou que todos morrerían na guerra, menos o propio Adrasto, polo que, tras intentar infrutuosamente disuadirlle do seu proxecto, negouse a participar na expedición.

Pero anteriormente a todos estes feitos, Anfiarao matara ó pai de Adrasto, Tálao e expulsara a Adrasto de Argos Tálao, fillo de Biante, e Lisímaca, filla de Abante, tiveron seis fillos: Adrasto, Partenopeo, Prónax, Mecisteo, Aristómaco e Erifile, coa que casou Anfiarao (Pseudo-Apolodoro I, 9, 13).. Pasado o tempo, Anfiarao reconcilouse con Adrasto, pero este seguía conservando o rancor e esperando o momento da vinganza. Adrasto ofeceulle en matrimonio á súa irmá Erifile (Erífile ou Erifila), e acordaron que en caso de posibles disputas entre ambos, aceptarían a arbitraxe dela sen máis discusión. Outras fontes contan que un e outro rifaran en certa ocasión e só a intervención de Erifile, que se interpuxo entre ambos, evitou que se mataran entre si; tras deter a loita, Erifile quitoulles as espadas e fíxolles xurar que acatarían a súa decisión en calquera disputa posterior.

Cando Tideo soubo deste xuramento, convenceu a Polinices de que ofrecera a Erifile o colar máxico que Afrodita regalara á súa antepasada Harmonía como regalo de vodas ó casar con Cadmo; outras fontes din que fora Ifis quen llo aconsellou a Polinices. Este colar tiña a propiedade de conservar a beleza e a xuventude, algo que compraría a vontade de Erifile, que precisamente estaba convencida de estar perdendo a súa beleza Pero tiña outra propiedade: a de traer o infortunio a tódolos seus posuidores, como aconteceu cos descendentes de Alcmeón, fillo de Erifile.. Efectivamente, o suborno tivo éxito e Erifile decantouse por acudir á guerra, polo que Anfiarao viuse obrigado a aceptar a súa decisión. En todo caso, antes de partir á guerra fixo xurar ós seus fillos, Alcmeón e Anfíloco, que vingarían a súa morte e que matarían á súa nai, ademais de organizar unha nova campaña contra Tebas, que se coñecerá como a "Expedición dos Epígonos" Hixino dá unha versión distinta do das outras fontes: Anfiarao escondeuse para non ter que ir á guerra e Adrasto, para saber o agocho, regalou un colar de ouro e pedras preciosas a Erifile e esta traicionou ó seu home, por iso Anfiarao ordenou ós fillos que a mataran (Hixino 73).

Deste xeito, quedou organizada a expedición dos sete capitáns contra Tebas: Adrasto, Anfiarao, Capaneo (fillo de Hipónoo), Hipomedonte (fillo de Aristómaco) e Partenopeo (fillo de Meleagro (ou Melanión) e Atalanta), os cinco guerreiros arxivos, xunto a Polinices e Tideo. Algunhas fontes exclúen a Polinices e engaden a Eteoclo, fillo de Ifis, e Mecisteo Graves, px. 413; Pseudo-Apolodoro III, 6, 3..

Parada en Nemea Cando o exército pasou por Nemea, pediron auga ó rei Licurgo para as súas tropas e o rei ordenou á súa escrava Hipsípile que lles indicara unha fonte En realidade, Hipsípile era unha princesa de Lemnos. Foi expulsada do reino, ou ben vendida como escrava, cando as mulleres lemnias acordaron matar a tódolos seus homes e ela non obedeceu, salvando a vida do seu pai, Toante (Pseudo-Apolodoro I, 9, 17).. Hipsípile encargábase de coidar ó fillo de Licurgo, Ofeltes (ou Ofites), e deixouno un momento no chan mentres lles llevaba ata ó manancial. Pero non tivo en conta que o oráculo ordenara que nunca se lle deixara no chan ata que non soubese andar, e unha serpe que gardaba o manancial saíu do seu agocho e esganou ó meniño Ou ben picouno mortalmente (Graves, px. 413), golpeouno coa cola (Estacio: Tebaida) ou devorouno (Hixino 74, 3).. Adrasto e os seus soldados non puideron evitalo e tiveron que limitarse a matar a serpe e enterrar a Ofeltes.

O adiviño Anfiarao interpretou que esta desgraza presaxiaba que a expedición ía terminar nun desastre aínda que iso non desanimou ós outros paladíns. Adrasto fundou nese lugar os Xogos Nemeos, en honor ó meniño morto, ó que chamaron Arquemoro, que significa comezo do destino Esta é a tradución que dá Grimal. Robert Graves recolle outra: iniciador da fatalidade, aínda que sostén que máis ben significa tronco de oliveira orixinal, referido ás plantas quitadas da oliveira sagrada de Atenea (Graves, px. 417).. Os sete paladíns ganaron cadanseu premio nestas probas deportivas Anfiarao, en salto e disco.. Os vencedores das probas son coroados cunha coroa feita de perexil Segundo Robert Graves, o perexil tiña sona de mal agoiro, quizais porque se utilizaba como abortivo (Graves, px. 417). Engade un refrán inglés: Parsley grows rank in cuckolds' gardens (o perexil crece exuberante nos xardíns dos cornudos).Para Hixino, era unha coroa de apio, porque foi sobre unha planta de apio onde Hipsípele deixou o meniño (Hixino 74, 2-3).. Anfiarao conseguiu igualmente que os pais de Ofeltes perdoaran a Hipsípile, e desde entón os xuíces das competicións dos Xogos Nemeos visten túnicas negras como sinal de loito por Ofeltes.

Guerra contra Tebas

miniatura|250px|Capaneo escala a muralla de Tebas para matar a Creonte, pero es morto por un raio de Zeus (ánfora de figuras vermellas, c. 340 a.C., Vila Getty, California)

Cando por fin chegaron ante as murallas da cidade, Adrasto enviou a Tideo para esixir a Eteocles que entregase a coroa a Polinices de acordo co que acordaran os dous irmáns. Evidentemente, Eteocles negouse a abdicar e Tideo retou ós xefes do exército tebano a un duelo singular, e foi vencéndoos un a un ata que ningún máis quixo loitar contra el; incluso, cando xa se retiraba, foi obxecto dunha emboscada de cincuenta homes tebanos, e logrou dar morte a todos eles.

Para forzar a rendición de Eteocles, o exército arxivo organizou o asedio da cidade e os sete capitáns apostáronse cada un ante unha das sete portas da muralla; pola súa parte, Eteocles nomeou outros tantos xefes para defender cada unha das portas As sete portas da cidade recibían os nomes das sete fillas de Anfión, rei de Tebas: Ogigia, Prétida, Oncaida, Hipsista, Electra e Crénida (Pseudo-Apolodoro III, 6, 6). Hixino dá outros nomes, coincidindo só no de Ogigia (Hixino 69, 7)..

O adiviño tebano Tiresias díxolle a Eteocles que só poderían vencer ó inimigo si algún príncipe tebano aceptaba ser sacrificado ó deus da guerra Ares, e foi Meneceo, fillo de Creonte (e tío de Eteocles e de Polinices), quen asumiu o destino e suicidouse ante as portas da cidade, degolándose segundo uns, ou botándose desde o alto da muralla abaixo, segundo outros Tal como fixera anteriormente o seu avó, tamén chamado Meneceo..

O sacrificio do fillo de Creonte salvou efectivamente á cidade. Cando Capaneo, un dos capitáns arxivos, intentaba entrar na cidade gabeando a muralla cunha escaleira, Zeus matouno cun raio. Ó ver os tebanos que Zeus estaba con eles, armáronse de valor e saíron da cidade, atacando ó inimigo e matando a Hipodemonte e Partenopeo.

miniatura|300px|Duelo entre Eteocles e Polinices (relevo nunha urna funeraria etrusca, de Volterra)