Hartmut Heine, nado en Wismar en 1945, é un historiador alemán.

Traxectoria Ingresou mozo no exército alemán, no que permaneceu catro anos. Pasou un ano en Berlín e despois trasladouse a Inglaterra onde estudou o bacharelato inglés, e licenciouse en Historia na Universidade de Londres. Fixo un máster dirixido por Hugh Thomas, elaborou unha tesiña sobre a guerrilla antifranquista en Galicia e fixo a tese de doutoramento sobre a oposición política ao franquismo de 1939 a 1952, dirixida por Paul Preston. Nos anos setenta visitou Galicia para documentarse sobre a guerrilla. Foi catedrático de Hispanística da Universidade Libre de Berlín.«Los guerrilleros fueron un gran estorbo para el franquismo»

En 2009 inaugurou o Congreso sobre a guerrilla antifranquista en Galicia.Heine ultima una revisión de la historia política del maquis gallego Obras "La evolución política en Galicia (1939-1975)", Cuadernos de Ruedo Ibérico, 51/53, maio/outubro de 1976.Índice de Cuadernos de Ruedo ibérico A guerrilla antifranquista en Galicia, 1980, Edicións Xerais de Galicia. La oposición política al franquismo. De 1939 a 1952, 1983, Crítica. La oposición al franquismo en Andalucía oriental, 2005, Fundación Salvador Seguí. Obras colectivas "Organizaciones políticas y sindicales ante el exilio" en Emigración y exilio: españoles en Francia 1936-1946, 1996.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Nados en Wismar Categoría:Nados en 1945 Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Catedráticos da Universidade Libre de Berlín