miniatura|As espiñas son o esqueleto dos peixes óseos.|295x295px As espiñas de peixe é a denominación popular que se lle dá ao esqueleto (xeralmente aletas e costelas) dos diversos peixes (Osteichthyes).Vazhiyil Venugopal, (2008), Marine Products for Healthcare: Functional and Bioactive Nutraceutical Compounds from the Ocean , CRC Press, ISBN 1420052640 A anatomía das espiñas de peixe diferenza claramente entre o esqueleto e a cartilaxeAlwyne Wheeler, Andrew K. G. Jones, (1989), Fishes, Cambridge University Press, ISBN 0521304075. Existen diversos tipos de espiñas de peixe: Epineuralia, Epicentralia, Epipleuralia e Myorhabdoi. No dominio da gastronomía, as espiñas adoitan ser retiradas mentres se comen os peixes (xeralmente cun coitelo de peixe), algúns pratos adoitan prepararse coas espiñas e forman parte dos seus ingredientes como son os caldos de peixe cos que se elaboran sopas e diversas preparacións con arroces. As espiñas do peixe tiveron, nas sociedades preindustriais, unha función similar á das agullas.
Valor nutricional As espiñas dos peixes considéranse desde o punto de vista nutricional como unha fonte de calcio.Vazhiyil Venugopal, (2008), Marine Products for Healthcare: Functional and Bioactive Nutraceutical Compounds from the Ocean , CRC Press, ISBN 1420052640 Adoitan prepararse sacadas do subproduto da industria pesqueira e reducirse a suplementos alimentarios.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Opus spicatum Sopa de aleta de tiburón Brais de Sebaste
Categoría:Peixes