Ravesa Lleshi, nada o 1 de xuño de 1976, converteuse na Representante Permanente de Albania ante a Oficina de Nacións Unidas en Xenebra en 2018.

Traxectoria Lleshi naceu en 1976 e graduouse nos Países Baixos na Universidade de Tilburg cunha mestría en dereito público internacional e europeo. Fala inglés e holandés con fluidez.

De 2010 até 2014 estivo en Tirana onde foi profesora na Universidade de Nova York en Tirana.

Traballou en Austria desde marzo de 2016 cando dirixiu a misión do seu país ante a Organización para a Seguridade e Cooperación en Europa até xaneiro de 2018 cando se converteu en asesora do Ministro de Relacións Exteriores.

Converteuse na Representante Permanente de Albania ante a Oficina das Nacións Unidas en Xenebra en 2018. Lleshi tamén é responsable da representación do seu país ante a Organización de Propiedade Intelectual Mundial, por exemplo, en 2019 foi unha das primeiras en asinar un acordo internacional para dar protección a produtos rexionais como o té Darjeeling.

Notas

Categoría:Políticos de Albania Categoría:Nados en 1976