Sterling Walter Hayden, nado como Sterling Relyea WalterHayden, Sterling (1964). Wanderer. Bantam. ISBN 978-1-57409-048-2, pp. 65-66, 76United States Census for 1920, Montclair Town, Essex County, New Jersey, Sheet 6B en Upper Montclair (Nova Jersey) 26 de marzo de 1916 e finado en Sausalito (California) o 23 de maio de 1986, foi un actor estadounidense.

Traxectoria Sterling Walter naceu en Nova Jersey, fillo de George e Frances Walter. Despois da morte do seu pai, foi adoptado aos nove anos por James Hayden, pasando a chamarse Sterling Walter Hayden. De neno viviu en New Hampshire, Massachusetts, Pensilvania, Washington, D.C. e Maine. Neste último estado, estudou na escola Wassookeag de Dexter.

Hayden era un aventureiro e un home de acción, sen nada que envexar ás personaxes que despois interpretou no cinema. Aos dezaseis anos deixou os estudos para traballar nun barco para ver mundo, converténdose en pescador nos grandes bancos de Terra Nova. Máis tarde, traballou como mariñeiro, dando a volta ao mundo varias veces.

Na década de 1940, Hayden converteuase en modelo e pouco despois asinou un contrato con Paramount Studios. No seu primeiro filme coñeceu a Madeleine Carroll, da que se namorou e coa que casou. Porén, despois dun par de filmes, deixou Hollywood para servir como axente secreto baixo a dirección de William J. Donovan na OSS. Hayden alistouse no Corpo de Marines co nome de "John Hamilton" (nunca o seu nome real). Os seus servizos na segunda guerra mundial incluíron o asesoramento técnico aos partisanos iugoslavos e como paracaidista en Croacia. Recibiu a Estrela de Prata e un recoñecemento pola Iugoslavia do mariscal Tito.

A súa admiración polos comunistas converteuno en membro do Partido Comunista dos Estados Unidos por un breve período. Segundo a súa biografía, na "caza de bruxas" colaborou co Comité sobre Actividades Antiamericanas, confesando os nomes dos seus vencellos dentro do partido. A súa muller daquela, Betty Denoon, defendeu o seu marido argumentando que os nomes que citara xa estaban nas mans do Comité, que tiña unha copia da listaxe dos membros do Partido Comunista. En calquera caso, Hayden rexeitou a súa propia colaboración co maccarthismo e, segundo algúns, sentiuse tan culpable que caeu no alcoholismo.

Nese momento, Hayden comezou a súa época dourada no cinema, sendo xa recoñecida a súa figura. Así, protagonizou filmes salientábeis como A xungla do asfalto, de John Huston, Johnny Guitar, de Nicholas Ray ou Atraco perfecto de Stanley Kubrick. Aquela década dourada dos anos 50 rematou co divorcio da súa esposa Betty Denoon. O veredicto do xuízo outorgou ao actor a custodia dos catro fillos da parella: Christian, Dana, Gretchen e Matthew.

Nos anos sesenta casou con Catherine Devine McConnell, coa que compartiu a vida ata a súa morte e coa que tivo dous fillos, Andrew e David. Nese momento, Hayden retirouse do cine, vivindo no seu barco e escribindo a súa autobiografía, Wanderer, que se publicou en 1963. Na década de 1970 apareceu no papel do capitán McCluskey en O padriño e máis tarde continuou a súa carreira televisiva na cadea NBC, con The Tomorrow Show, con Tom Snyder. En 1976 participou na ambiciosa produción de Bernardo Bertolucci Novecento e en 1980 coincidiu con Jane Fonda na comedia de éxito 9 to 5.

Arredor de 1969, Hayden comprou un barco nos Países Baixos e viviu entre París, Connecticut e o seu apartamento de Sausalito, California. En 1976 publicou a súa novela Voyage: A Novel of 1896.

Faleceu de cancro de próstata en Sausalito en 1986, aos 70 anos.

Filmografía Virginia (1941) de Edward H. Griffith Bahama Passage (1941) de Edward H. Griffith Blaze of Noon (1947) de John Farrow Manhandled (1948) de Lewis R. Foster El Paso (1949) de Lewis R. Foster A xungla do asfalto (1950) de John Huston The Star (1952) de Stuart Heisler Flaming Feather (1952) de Ray Enright Denver and Rio Grande (1952) de Byron Haskin Hellgate (1952) de Charles Marquis Warren The Golden Hawk (1952) de Sidney Salkow So Big (1953) de Robert Wise Fighter Attack (1953) de Lesley Selander Kansas Pacific (1953) de Ray Nazarro Crime Wave (1954) de André De Toth O príncipe valente (1954) de Henry Hathaway Arrow In the Dust (1954) de Lesley Selander Johnny Guitar (1954) de Nicholas Ray Naked Alibi (1954) de Jerry Hopper Suddenly (1954) de Lewis Allen Battle Taxi (1955) de Herbert L. Strock Shotgun (1955) de Lesley Selander. The Eternal Sea (1955) de John H. Auer Top Gun (1955) de Ray Nazarro The Last Command (1955) de Frank Lloyd Timberjack (1955), de Joseph Kane The Come On (1956) de Russel Birdwell Atraco perfecto (1956) de Stanley Kubrick Crime of Passion (1957) de Gerd Oswald 5 Steps to Danger (1958) de Henry S. Kessler Gun Battle at Monterey (1957) de Carl K. Hittelman e Sidney Franklin Jr. Zero Hour! (1957) de Hall Bartlett Valerie (1957) de Gerd Oswald The Iron Sheriff (1957) de Sidney Salkow Ten Days to Tulara (1958) de George Sherman Terror in a Texas Town (1958) de Joseph H. Lewis Teléfono vermello, voamos cara a Moscova (1964) de Stanley Kubrick Carol for Another Christmas (1964) de Joseph L. Mankiewicz Hard Contract (1969) de S. Lee Pogostin Ternos Caçadores (1970) de Ruy Guerra Loving (1970) de Irvin Kershner Le saut de l'ange (1971) de Yves Boisset O padriño (1972) de Francis Ford Coppola Le Grand départ (1972) de Martial Raysse The Long Goodbye (1973) de Robert Altman The Final Programme (1973) de Robert Fuest Deadly Strangers (1974) de Sidney Hayers Cipolla Colt (1975) de Enzo G. Castellari Novecento (1976) de Bernardo Bertolucci King of the Gypsies (1978) de Frank Pierson Winter Kills (1979) de William Richert The Outsider (1979) de Tony Luraschi 9 to 5 (1980) de Colin Higgins The Starlost: The Beginning (1980, telefilme) Gas (1981) de Les Rose Venom (1981) de Piers Haggard The Blue and the Gray (1982, serie de televisión)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Biografía Hayden related documents on his OSS service. National Archives and Records Administration (150 MB) Literature on Sterling Hayden

Categoría:Nados no condado de Essex, Nova Jersey Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Actores de Nova Jersey Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Finados por cancro Categoría:Espías