Sara Mesa, nada en Madrid en 1976, é unha escritora e xornalista española.

Traxectoria Sara Mesa naceu en Madrid en 1976 e trasladouse coa súa familia a Sevilla sendo nena, cidade na que actualmente reside. Estudou xornalismo e filoloxía hispánica.

Os seus inicios literarios centráronse na poesía, que abandonou moi cedo. O seu poemario Este jilguero agenda (2007) foi galardoado co Premio Nacional de Poesía «Fundación Cultural Miguel Hernández». É coñecida fundamentalmente pola súa obra narrativa, cos seus libros de contos La sobriedad del galápago (2008), No es fácil ser verde (2009) e Mala letra (2016) e as súas novelas El trepanador de cerebros (2010), Un incendio invisible (2011, reedición revisada en 2017), Cuatro por cuatro (2013, finalista do Premio Herralde de Novela), Cicatriz, (2015, considerada unha das mellores novelas do ano por xornais como El País, El Mundo, ABC. e Premio Ojo Crítico de Narrativa) e Cara de pan (2018). A súa obra foi traducida nos Estados Unidos, Italia, Países Baixos, Francia, Alemaña, Grecia, Portugal, Serbia, Dinamarca e Noruega.

Aparece en numerosas antoloxías como Pequeñas resistencias 5. Nuevas voces del cuento español (Páginas de espuma, 2010), Diez bicicletas para treinta sonámbulos (Demipage, 2016), Riesgo (Rata, 2017), Tríos (Anagrama, 2018), Humor negro (La Fuga, 2018) e Tsunami (Sexto Piso, 2019), entre outras.

Tamén é coautora, xunto co escritor Pablo Martín Sánchez, de Agatha (La uÑa RoTa, 2017), onde cada un dos autores escribe a súa versión dunha historia esbozada por Herman Melville.

En 2019 publica Silencio administrativo, un ensaio sobre pobreza, sen teito e prexuízos, así como sobre as trabas burocráticas polas que pasan quen quere saír desta situación, a través da historia real dunha muller pobre.

Premios e distincións

2007 Premio Nacional de Poesía «Fundación Cultural Miguel Hernández», co poemario Este jilguero agenda 2008 XI Edición de Cuentos Ilustrados da Deputación de Badaxoz, co libro de relatos ilustrado La sobriedad del galápago 2011 Premio Málaga de Novela, coa obra Un incendio invisible 2012 Finalista do Premio Herralde de Novela, coa obra Cuatro por Cuatro 2015 Premio Ojo Crítico de Narrativa, por Cicatriz 2017 Premio Literario Arzobispo Juan de San Clemente, por Cicatriz 2021 Premios dos libreiros, na categoría de ficción, pola novela Un amor.

Obras

Narrativa

La sobriedad del galápago (2008, Deputación Provincial de Badaxoz) No es fácil ser verde (2009, Everest) El trepanador de cerebros (2010, Tropo Editores) Un incendio invisible (2011, Fundación José Manuel Lara; reeditado en 2017 pola Editorial Anagrama) Cuatro por cuatro (2012, Editorial Anagrama) Cicatriz (2015, Editorial Anagrama) Mala letra (2016, Editorial Anagrama) Cara de pan (2018, Editorial Anagrama) Un amor (2020, Editorial Anagrama)

Poemas

Este jilguero agenda (2007, Devenir)

Ensaio

Silencio administrativo (Anagrama, 2019)

Perder el miedo. Un manual para la vida (Providence/Books, 2020)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha da escritora na web de Anagrama

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid