Josefa "Gigi" Francisco , nada en 1954 e finada o 22 de xullo de 2015, foi unha defensora da igualdade de xénero e os dereitos das mulleres de Filipinas. Contribuíu a moitos programas para reducir a disparidade e investigou moitos aspectos da igualdade e dos dereitos das mulleres. Traballou en estreita colaboración coas Nacións Unidas en varios proxectos.
Traxectoria A través da súa ensinanza e escritura, presentou a experiencia técnica, visión e movementos sociais ás novas xeracións. Traballou como membro de ISIS International desde 1998 a 2002, organización que traballa polos dereitos das mulleres a nivel internacional. Posteriormente, uniuse Women and Gender Institute (WAGI, en galego Instituto das Mulleres e Xénero) como directora executiva da organización. A organización realizou varios cursos en liña sobre os dereitos das mulleres dende hai 3 anos. Foi membro da Organización Development Alternatives for Women in a New Era (en galego, Alternativas de Desenvolvemento para Mulleres nunha Nova Era), abreviado como DAWN. Esta organización traballa para difundir as voces e as perspectivas das mulleres desde as rexións do sur global ao mundo. Traballou como coordinadora global da organización. A Nacións Unidas e DAWN traballaron xuntos na rexión de Asia-Pacífico baixo o liderado de Gigi. O traballo que fixeron foi publicado The Future The Asia Pacific Women Want (en galego, O futuro que queren as mulleres de Asia-Pacifico) en 2015.
Traballou como directora de departamento do Departamento de Relacións Internacionais en Miriam College, traballando para promover o liderado das mulleres. Realizou importantes investigacións sobre pobreza, xénero, desenvolvemento e o movemento feminista.
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Feministas da igualdade Categoría:Personalidades de Filipinas Categoría:Personalidades sen imaxes