Na mitoloxía grega, Creteo foi o fundador de Iolco e rei desta cidade. Era fillo de Eolo e Enareta (ou Enáreta), e irmán de Sísifo, Salmoneo, Magnes, etc.

Uníndose coa súa sobriña Tiro, filla de Salmoneo, tivo tres fillos: Esón, Feres e Amitaón Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 9, 11.. Por Esón, Creteo era o avó de Xasón, o heroe que encabezou a expedición dos Argonautas. Outras fontes engaden outros fillos de Creteo: Tálao Futuro rei de Argos e pai de Adrasto, que outros consideran fillo de Abante., Hipólita A muller de Acasto, fillo de Pelias. e Mirina Esposa de Toante, rei de Lemnos..

Tiro xa tiña dous fillos xemelgos antes de casar con Creteo, Neleo e Pelias, habidos con Poseidón Hixino: Fábulas 157, 3., que Creteo adoptou como seus. A lenda conta que Tiro estaba namorada do deus-río Enipeo e achegábase á beira a lamentarse. Enipeo non estaba interesado nela, así que Poseidón, aproveitando a situación, tomou a forma de Enipeo e xaceu con Tiro, que quedou embarazada. Pero Tiro decidiu abandonar os meniños no monte, onde unha egua que pasou por alí rozou co pezuño a cara dun deles, deixándoo marcado. O dono da besta recolleunos e criounos, chamando Pelias ó que tiña a marca e Neleo ó outro Pseudo-Apolodoro I, 9, 8..

Pelias quixo dominar toda Tesalia e expulsou a Neleo, reinando sobre Iolco tras Creteo. Un oráculo advertiulle que tivera coidado cun home que levara unha sandalia nada máis. Este home cunha soa sandalia foi Xasón.

Neleo exiliouse e fundou a cidade de Pilos, en Mesenia. Terminou morrendo a mans de Heracles, xunto a once dos seus doce fillos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega