miniatura|Mapa da área sanitaria de Ferrol. A área sanitaria de Ferrol é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego.

Abrangue os vinte concellos de Ferrolterra, no norte da provincia da Coruña: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.

Os hospitais da área están integrados no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 174.883 cidadáns con tarxeta sanitaria.

Notas

Categoría:SERGAS Categoría:Provincia da Coruña