Leonardo Martínez Novo, coñecido como Leonardo do Barro, nado en Pontedeume cara a 1911 e finado no mesmo concello o 10 de agosto de 1936, foi un mestre galego.

Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando a carreira en 1930.El Eco de Santiago, 17-6-1931, p.3. Fundador e rexedor do colexio-academia Curros Enríquez de Pontedeume. Foi mestre provisional en Camariñas e Moeche. Aprobou os cursos de selección de mestres en 1936,Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 28-4-1936, p. 1. e foi nomeado mestre en Pontedeume. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado o 10 de agosto de 1936 en Pontedeume.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos