Pilularia dracomontana é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das marsileáceas, a última das cinco descritas do xénero Pilularia.Pilularia dracomontana N.R.Crouch & Wesley-Smith no GBIF. Consultado o 17 de marzo de 2021.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 2011 polos botánicos surafricanos Neil R. Crouch (do South African National Biodiversity Institute) e James Wesley-Smith (do Council for Scientific and Industrial Research, Suráfrica).Crouch, N. R. & J. Wesley-Smith (2011): "Pteridophyta-marsileaceae: Pilularia dracomontana, a new species of pillwort from the Kwazulu-Natal Drakensberg, South Africa". Bothalia - African Biodiversity and Conservation 41 (1): 201-204. Consultado o 17 de marzo de 2021.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Pilularia.
O epíteto específico, dracomontana, é un termo do latín científico formado polos elementos draco- e -montana, tirados do latín clásico draco, -ōnis, "dragón", e do feminino singular do adxectivo montānus, -a, -um, "relativo á montaña", e refírese á súa área de distribución, os montes Drakensberg (montes do dragón).
Nota taxonómica O primeiro espécime do xénero Pilularia encontrado en Suráfrica foi identificado provisionalmente como Pilularia americana A. Braun sobre a base de caracteres tanto vexetativos como sexuais, foi recollido en 2001 en Nieuwoudtville, provincia do Cabo Setentrional, a unha altitude duns 800 m. A esta altitude, P. americana medra inmerso e emerxe na periferia das charcas estacionais, nunha rexión que recibe precipitacións en inverno/primavera de 500-650 mm ao ano. En abril de 2010, unha segunda recolección deste xénero críptico, que resultou ser unha nova especie, recolleuse no sur dos montes Drakensberg na provincia de KwaZulu-Natal, a máis do dobre da altitude, e a máis de 1 000 km de distancia. Esta última colleita foi a dunha especie diminuta, significativamente máis pequena que P. americana, da que difire en moitos aspectos vexetativos e sexuais, cun requisito ecolóxico de inmersión perenne en lagoas profundas dobre fondos de areísca, a vernación circinada non é obvia en ningún dos taxons de fieito coñecidos de Suráfrica. Todo isto contrasta co material norteamericano de P. americana na que a vernación circinada é unha característica prominente.Pilularia dracomontana en core.ac.uk. Consultado o 17 de marzo de 2021.
Características Pilularia dracomontana é unha planta acuática, formadora de alfombras. O seu rizoma é filiforme, rastreoro, irregularmente ramificado, de até 0,24 mm de diámetro, implantado con de 1 a 5 raíces que xorden dos nós, con entrenós de 1,47 a 4,20 mm de longo, inicialmente escasamente pilosos e glabros coa idade, principalmente con algúns pelos na base das frondes. As frondes nacen individualmente nos nós, e crecen erectas, simples, setiformes, de 8,90 a 13,66 mm de longo, basalmente con poucos pelos e glabras apicalmente. O esporocarpo é subterráneo, globoso, de 1,49 a 1,70 mm de diámetro, de cor crema e densamente piloso cando é novo, e escasamente piloso cando está maduro.
Distribución Pilularia dracomontana é unha planta endémica de Suráfrica, que se encontra na provincia de KwaZulu-Natal.Drakensberg Pillwort. Pilularia dracomontana N.R.Crouch & J.Wesley-Smith no South African National Biodiversity Institute (SANBI) . Consultado o 17 de marzo de 2021.
Hábitat A especie habita en zonas de auga doce e en pasteiros sobre areíscas profundas en rexións montañosas de elevada altitude.
Poboación Este fieito é común localmente en zonas de hábitat adecuado. Actualmente coñécese en tres áreas, pero é probábel que se pase desapercibida e se esténdase máis, xa que o seu hábitat está nunha zona remota e inaccesíbel.
Ameazas Pilularia dracomontana encóntrase en zonas protexidos e non está ameazada. (Os montes Drakensberg foron declarados no ano 2000 pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Salviniales Marsileáceas Pilularia
Categoría:Salviniales Categoría:Flora de África Categoría:Plantas descritas en 2011