As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1980 celebráronse o 20 de marzo de 1980, trala chegada da democracia en España, e o restabelecemento da Generalitat de Cataluña (por decreto lei en 1977 e xa por lei orgánica en 1979). Foron convocadas a votar 4.436.459 persoas maiores de 18 anos e con dereito a voto en Cataluña. As eleccións serviron para escoller os 135 parlamentarios da primeira lexislatura democrática. Acudiron a votar 2.725.558 persoas, o que supuxo unha participación do 61,44 por cento.
A coalición de partidos Convergència i Unió foi a máis votada e, con 752.943 votos (un 27,68 por cento), obtivo 43 escanos, dez máis que a segunda forza política, o Partido dos Socialistas de Cataluña.
Trala formación do Parlamento de Cataluña, o candidato de Convergència i Unió, Jordi Pujol, foi investido primeiro presidente democrático de Cataluña, grazas aos votos da súa propia coalición, dos 14 parlamentarios de Esquerra Republicana de Catalunya e dos 18 de Centristes de Catalunya-UCD. A partir dese intre substituíu a Josep Tarradellas (ERC) á fronte do goberno catalán, que viña ocupando por decreto lei do último Goberno central da ditadura dende o 18 de outubro de 1977.
En 1981, 4 deputados do PSUC do sector prosoviético, liderados por Pere Ardiaca, abandonan o grupo parlamentario e pasan a formar parte dos non adscritos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Resultados globais Resultados por circunscricións Todos os datos das eleccións de 1980
Categoría:Eleccións ao Parlamento de Cataluña Categoría:Eleccións celebradas en 1980