Antoni Serra i Bauçà, nado en Sóller (Mallorca) o 29 de xaneiro de 1936 e finado o 1 de marzo de 2023, foi un escritor mallorquino.

Traxectoria Foi fillo de Miquel Manuel Serra Pastor, tamén escritor, e de Carme Bauçà Maiol. Casou con Xisca Barceló Mercant, subdirectora de Ultima Hora, coa que ten dous fillos: Albert e Clara. Estudou Medicina no Clínic de Barcelona.

Comezou a escribir aos catorce anos, no semanario Sóller da súa vila, sen dúbida influído polo seu pai que escribiu e publicou na revista La Nostra Terra. Dedicouse especialmente á narrativa (especialmente novelas e contos) e ensaios, así como artigos e reportaxes para xornais e revistas: Lluc, Canigó, Serra d’Or, Última Hora, Avui, Diario de Mallorca, El Temps, Temps Moderns e Segell. Foi membro do colectivo Ofèlia Dracs.

Durante os anos sesenta viviu en Valencia (1960-61), Mallorca (1961-68) e Barcelona (1968-1971), onde colaborou en varias publicacións periódicas. De volta a Mallorca en 1971, retomou o seu traballo no xornal Ultima Hora.

Politicamente, militou no PSUC durante moitos anos e despois no PSAN (Partit Socialista d'Alliberament Nacional). Visitou clandestinamente Hungría, a antiga Iugoslavia, a República Checa, Romanía e nunca ocupou ningún cargo político. Dirixiu a libraría Tous (de 1971 a 1975) e foi o responsable do II Congreso de Cultura Catalá. Foi o fundador, xunto con Miquel Barceló, Aina Montaner, Josep Albertí e Guillem Frontera, da colección Turmeda, creada en 1972.

É un dos fundadores da Asociación de Escritores en Lingua Catalá, da que foi vicepresidente para as Illas.

Comezou escribindo en castelán e desde 1971 faino en catalán.

Obra

Ensaio

Gent del carrer (1971). Aproximació a Gabriel Alomar (1977). Gràcies, no volem flors (1981). L’anàrquica escriptura de la terra inexistent (1993). El (meu) testament literari (1997). Llarg adéu a la vida. Reflexions sobre la cultura del meu temps (2006). Lleonard Muntaner, Editor. Scrits "post mortem" (2016). Documenta Balear.

Narrativa

Entrada de fosca (1972). Quartet per a una confidència (1977). Quadern de bitàcola (1981). Música de Mahler per a una lloca didàctica (1986). Morts d’immortalitat (1995). La insostenible levitat dels cossos (1996). Narracions de vida i mort (1999). Darrer llibre d´impertinències. Onze narracions indignes i una novel·la curta intimista (2015). Documenta Balear.

Novela negra

La gloriosa mort de Joan Boira (1973). El cap dins el cercle (1979). Rapsòdia per a una nit de Walpurgis (1981). El blau pàl·lid de la rosa de paper (1985). Co detective Celso Mosqueiro. L’arqueòloga va somriure abans de morir (1986). Co detective Celso Mosqueiro. Més enllà del mur (1987). Per ben morir (1988). Carrer de l’Argenteria, 36 (1988).

Sobre o antisemitismo en Mallorca

Espurnes de sang (1987). Co detective Celso Mosqueiro. RIP, senyor Mosqueiro (1989). Co detective Celso Mosqueiro. Llibre de família (1991).

Novela de formación e ruptura

Cita a Belgrad (1992). L’avinguda de la fosca (1994).

Premios

1972: Premio "Recull" de relatos curtos (Blanes). 1985: Premio de narrativa curta "L'Encobert" (Xàtiva). 2008: Prix du Roman du Salon du Livre Insulaire (Ouessant, Francia). 2014: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.

Notas

Categoría:Nados en Mallorca Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2023