é unha serie de televisión xaponesa de ciencia ficción, suspense e drama baseada no manga homónimo de Haro Aso. A serie está protagonizada por Kento Yamazaki no papel de Arisu, un rapaz novo que se encontra de súpeto nun Tokyo abandonado e sen persoas, coñecido como "Borderland", xunto cos seus mellores amigos, Chōta (Yûki Morinaga) e Karube (Keita Machida). Logo de comezar a buscar indicios doutras persoas, os tres descobren axiña que están atrapados nunha cidade que funciona como taboleiro de xogo de retos perigosos, violentos e mortais, os cales os obrigan a superar os seus propios "límites físicos e emocionais" con tal de sobrevivir.

A serie estreouse en Netflix o 10 de decembro de 2020, conseguindo boas valoracións por parte dos espectadores e da crítica. Dúas semanas despois do lanzamento da primeira tempada, Netflix anunciou a renovación da serie para unha segunda tempada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión do Xapón