Lonomia obliqua é unha especie de avelaíña de América do Sur. É máis coñecida pola súa forma larval, principalmente debido ao mecanismo de defensa da eiruga, xa que conta con pugas urticantes que inxectan un veleno potencialmente mortal. A eiruga foi responsable de moitas mortes humanas, especialmente no sur do Brasil. O seu veleno foi obxecto de numerosos estudos médicos. A especie foi descrita por vez primeira por Francis Walker en 1855. O Guinness World Records clasificouna como a máis velenosa especie de eiruga do mundo.
Notas
Categoría:Animais descritos en 1855 Categoría:Avelaíñas de América do Sur