Vina Fay Wray, nada en Alberta o 15 de setembro de 1907 e finada en Nova York o 8 de agosto de 2004, foi unha actriz canadense que desenvolveu a súa carreira nos Estados Unidos e adquiriu recoñecemento internacional pola súa interpretación do papel principal de King Kong (1933). Destacou como actriz en filmes de terror que lle valeron o alcume de «A Raíña do Berro».
Despois de lograr breves papeis cinematográficos, gañou a atención da prensa pública cando foi seleccionada como unha das WAMPAS Baby Stars. Isto levou a que Wray fose contratada por Paramount Pictures, coa que realizou máis dunha ducia de filmes, entre eles The Wedding March (1928), o seu primeiro papel como protagonista.
Despois de abandonar a Paramount, asinou contratos con diferentes compañías cinematográficas que inicialmente a lanzaron como actriz de filmes de terror; durante esa etapa, destacou polas súas interpretacións en The Bowery (1933) e Viva Villa! (1934), ambas protagonizadas por Wallace Beery.
Para RKO Radio Pictures, protagonizou o seu filme máis representativo, King Kong. Tralo éxito deste, Wray apareceu no cinema e na televisión con personaxes importantes ata a súa retirada definitiva como actriz en 1980. En total participou en preto de 100 filmes, tanto mudos como sonoros.
Traxectoria Infancia e mocidade A familia de Wray tiña orixes mormoas e era descendente do colono William Pynchon, fundador da cidade de Springfield, Massachusetts.«Fay Wray: Leading Lady King Kong» ldsfilm.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2013. Naceu nun rancho próximo a Cardston, Alberta, no Canadá, cuarta dos seis fillos de Joseph Heber Wray (1861-1930), proveniente de Kingston upon Hull, Yorkshire, e Elvina Marguerite Jones (1870-1938), orixinaria de Salt Lake City, Utah. A súa familia regresou aos Estados Unidos cando Fay contaba con tres anos e trasladouse a Salt Lake City en 1912,The Salt Lake Tribune, 26 de xaneiro de 2009, «Utah-Hollywood connection runs deep», p. B2 e posteriormente a Lark, Utah, en 1914. En 1919, cando os seus pais se separaron, Fay e os seus irmáns volveron coa súa nai a Salt Lake City debido á epidemia de gripe estendida a fianis da primeira guerra mundial que lle custou a vida a unha das irmás de Fay en 1918. Máis tarde trasladáronse a California, onde Fay asistiu á Hollywood High School.
Comezos da carreira En 1923, Wray apareceu no seu primeiro filme cando debutou con apenas dezaseis anos nunha curtametraxe histórica patrocinada por un xornal local. Ao longo da década de 1920, conseguiu o papel principal no filme mudo The Coast Patrol (1925)«Ficha de The Coast Patrol (1925)» IMDb.com. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. así como outros breves traballos para os estudos de Hal Roach, en que permaneceu seis meses (despois de traballar brevemente cos estudos Century).
En 1926, a Western Association of Motion Picture Advertisers, unha organización estadounidense de cinema, seleccionou a Wray como unha das WAMPAS Baby Stars, un grupo de mulleres escollidas por seren as máis prometedoras do panorama cinematográfico do momento. A actriz atopábase nese momento baixo contrato de Universal Studios, na súa maioría como coprotagonista de westerns de baixo orzamento.«Biography por Fay Wray» IMDb.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2013. miniatura|180px|A actriz contra 1930 O ano seguinte asinou un contrato con Paramount Pictures para realizar unha serie de filmes xunto a Gary Cooper e Jack Holt, das que destacou The Texan (1930). En 1928, o director Erich von Stroheim seleccionouna para encabezar o elenco feminino principal do filme The Wedding March, estreado por Paramount tras unha rodaxe extensa e difícil que destacou polo seu alto orzamento e os valores de produción. Aínda que foi un fracaso financeiro, deulle o seu primeiro papel como protagonista. O melodrama foi dirixido e protagonizado por von Stroheim no papel dun príncipe vienés incapaz de escoller entre a muller que amaba (Wray no papel de Mitzi) por unha rapariga rica que podía asegurar o seu futuro. A actriz comentou a The Guardian en 1998: «Nunca tiven outro director tan xenial como Stroheim... O seu talento era unha capacidade infinda polo coidado dos detalles... E aínda que se trataba dun filme mudo, insistiu en que os actores debían dicir liñas precisas». A actriz sempre creu que se continuase a traballar con von Stroheim, a súa carreira tomaría un rumbo e unha calidade distintas. Asombrouse cos seus métodos de traballo e chegou a estar namorada del, mais cando comezou a demostrar os seus sentimentos, as insinuacións de von Stroheim intimidárona. Permaneceu en Paramount ata 1929 para realizar máis dunha ducia de filmes e mesmo continuou a traballar durante a transición do cinema mudo ao sonoro.
Filmes de terror e King Kong miniatura|esquerda|250px|Fay Wray e Joel McCrea en The Most Dangerous Game (1932) Despois de abandonar a Paramount, Wray asinou contratos con varias compañías cinematográficas. Foi baixo estes acordos cando foi lanzada como actriz de filmes de terror, como en The Vampire Bat (1933), Doctor X (1932) ou Mystery of the Wax Museum (1933), que lle valeron o alcume de «a Raíña do Berro». Con todo, os seus filmes máis destacados estreáronse cando traballou baixo o selo da RKO Radio Pictures. O seu primeiro filme para esta compañía foi The Most Dangerous Game (1932), unha adaptación da historia breve de Richard Connell coprotagonizada por Joel McCrea. As tomas —na súa maioría pola noite— foron realizadas nos mesmos estudos empregados durante o día para as secuencias da Illa Caveira de King Kong.«Most Dangerous Game (1932)» Amazon.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2013. Wray e Robert Armstrong participaron en ambos os filmes.
The Most Dangerous Game foi seguido polo filme máis lembrado de Wray, King Kong, estreado no Radio City Music Hall e no Roxy Theatre. De acordo con Wray, Jean Harlow era a actriz escollida inicialmente por RKO pero non estivo dispoñible debido a que MGM a puxera baixo contrato exclusivo durante a preprodución do filme. O director Merian C. Cooper ofreceulle a Wray facer o papel de Ann Darrow, a cativa de Kong, cun soldo de 10 000 dólares por dez semanas de traballo. A actriz lembrou como Cooper «chamoume á súa oficina e mostroume bosquexos dunha selva. Despois díxome: "Vas traballar co galán máis alto e escuro de Hollywood". Ben, eu pensei que me falaba de Clark Gable. Porén, despois mostroume o debuxo dun simio xigantesco, do tamaño do edificio do Empire State, e díxome: "Este é o teu galán"». O filme foi un éxito comercial e Wray, que só viu King Kong catro veces, sentiuse orgullosa de que o seu labor salvase RKO da bancarrota. O filme recadou 90 000 dólares durante os catro primeiros días, unha cifra sumamente elevada se se ten en conta que os Estados Unidos estaban a se restablecer da crise de 1929 e as entradas cinematográficas custaban 15 centavos. O filme permaneceu ligado por sempre á carreira de Wray, que ademais foi eloxiada pola crítica pola súa combinación de sensualidade, vulnerabilidade e capacidade para berrar.
No filme Wray interpretou a Ann Darrow, unha actriz desempregada que acepta un traballo cunha empresa de cine que se dirixe a filmar nunha illa misteriosa. King Kong é o xigantesco simio que habita na illa e se sente atraído pola actriz, motivo polo que a secuestra. Unha vez trasladado a Nova York, morre no alto do Empire State.«Synopsis for King Kong (1933)» IMDb.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2013. Con todo, Wray sempre foi consciente de que sería lembrada pola culminación do filme en que o simio xigante a eleva á parte superior do edificio, colócaa suavemente sobre unha cornixa, arremete con furia aos avións de combate que o criban a balazos para finalmente caer morto dende o rañaceos.
Wray lembrou que a parte máis perigosa da rodaxe de King Kong foi cando sentiu que estaba a piques de caer debido á tendencia da man do gorila xigante a afrouxar as súas mans mentres estaba suspendida moi por riba dos estudos de filmación. Nesa escena implorou ao director Merian C. Cooper que a baixase ao chan para descansar uns minutos antes de ser asegurada unha vez máis na man e elevala de novo.
Doutra banda, Wray pasou un día enteiro gravando de forma adicional berros estridentes e lastimosos que un editor inseriu posteriormente na banda sonora e que mesmo foron empregados para outros filmes de terror. Ao preguntarlle como foi capaz de reproducir eses berros, respondeu: «Fíxenme crer a min mesma que a esperanza de rescate máis próxima posible estaba polo menos a unha milla de distancia».
Wray manifestou nunha entrevista de 1993 que chegou a sentir que Kong «foi algo moi especial para moitos, pero tamén para min. Aínda que tiña unha forza tremenda e o poder de destruír, algún tipo de instinto fíxolle apreciar o que vía como tan fermoso». Tamén manifestou que o filme «pode afectar os homes de todas as idades. Recentemente, un neno de 6 anos de idade, díxome: "Estiven esperando a metade da miña vida para coñecela"». Nunha entrevista de 1987, Wray confesou que recibira un guión para interpretar un pequeno papel no remake de 1976 de King Kong, en que Jessica Lange era a protagonista. O columnista Roderick Mann manifestou o mesmo ano que «o King Kong orixinal era tan extraordinario, tan cheo de imaxinación e efectos especiais que nunca será igualado».
Carreira posterior Wray probou a escribir obras teatrais en 1939 e colaborou con Sinclair Lewis na peza Angela is 21, que foi adaptada para o cinema por Universal como This Is the Life en 1944, mais o seu esforzo apenas tivo un lixeiro éxito. O mesmo ocorreu cando protagonizou en Broadway Nikki e The Brown Danube en 1931 ou cando apareceu en Golden Wings e Mr. Big en 1941. Seguiu a ser protagonista de varios filmes, aínda que na década de 1940 as súas aparicións se fixeron menos frecuentes. Retirouse da interpretación en 1942 despois de contraer matrimonio en segundas nupcias. Con todo, debido a algúns problemas económicos, continuou a súa carreira como actriz durante o seguintes tres décadas, en que traballou no cinema e de forma frecuente na televisión.
miniatura|esquerda|270px|Fay Wray e Paul Hartman en The Pride of the Family (1953) Wray foi escollida para a comedia de situación producida por ABC durante 1953-54, The Pride of the Family, no papel de Catherine Morrison. Paul Hartman interpretou o seu marido, Albie Morrison, mentres que Natalie Wood e Robert Hyatt interpretaron os seus fillos, Ann e Junior Morrison respectivamente. Tamén apareceu en tres episodios do drama xudicial Perry Mason, o primeiro dos cales, The Case Of The Prodigal Parent, saíu ao aire o 7 de xuño de 1958. Un ano despois interpretou a Tula Marsh no episodio The Second Happiest Day da serie antolóxica Playhouse 90 da CBS. No mesmo ano interveu no episodio de Alfred Hitchcock Presents titulado The Morning After.
En 1960 apareceu como Clara no episodio Who Killed Cock Robin? da serie de detectives da ABC, 77 Sunset Trip. En 1963 interpretou a Mrs. Brubaker no episodio You're So Smart, Why Can't You Be Good? de The Eleventh Hour, un drama médico sobre a psiquiatría producido por NBC. Terminou a súa carreira como actriz co telefilme Gideon's Trumpet (1980) con Henry Fonda aínda que continuou a escribir obras de teatro que se produciron en teatros rexionais.