Ith é unha banda galega de rock creada en 1997 en Ordes, A Coruña, e a súa contorna.

Traxectoria O grupo naceu en 1997, cando Hilario Rodeiro xunto con Pablo Boga deciden, mentres estudan no instituto de Ordes, montar unha banda de rock que tomou o nome de Ith, fillo do rei mitolóxico galego Breogán.. O seu primeiro concerto foi no ano 1997 en Baamonde (Lugo), xunto con Manuel Lamas e Miguel Iglesias.

Comezaron facendo versións doutros artistas como Los Suaves, Guns N' Roses ou Jimi Hendrix, gravando unha maqueta no ano 1999 chamada "¡Que Morran!", dando concertos pola zona, e actuando en festivais como o Festival de Pardiñas. Posteriormente, Hilario Rodeiro deixa a banda e prosegue coas súa carreira artística. Máis tarde, entran na banda José Luis Toxo, luthier de Andavao, e guitarrista das bandas Mestizaxe 666 e SkVrA e o batería da parroquia veciña dos Ánxeles Miguel Folgueira, e co músico de Mesía Miguel Iglesias e Pablo de Abellá (Frades). Sucedéndose varios cambios na formación do grupo durante os seguintes anos, incorporándose voces femininas. En 2011 gañaron o concurso de música do Millarock, en Ames.

Con todo, non foi ata 2015 cando publicaron o seu primeiro disco, Forte, estando formado o grupo nese momento pola vocalista Lucía da Fonte, Toxo e Miguel Iglesias nas guitarras, Miguel Folgueira na batería e Gonzalo Suárez no baixo. O disco foi gravado en Curtis e contou con 13 temas. En 2018 saíu á luz o seu segundo álbum, titulado O mínimo que o contén todo, con 6 temas orixinais e un poema musicado do poeta Fiz Vergara Vilariño. En 2020 publicouse o seu terceiro álbum, Frear o momento. En 2023 publicaron un cuarto traballo, titulado Solsticios.

Membros Membros actuais José Luis Toxo (guitarra). Alberto Rama (batería). Lucía da Fonte (voz principal). Gonzalo Suárez (baixo). Miguel Iglesias (guitarra).

Antigos membros Miguel Folgueira (batería). Pablo Boga (guitarra e Voz). Rita Castro (teclados e coros). Thais Rudiño (voz principal). Hilario Rodeiro (Batería). Manuel Lamas (Baixo)

Discografía

Que Morran (1999) Forte (2015). O mínimo que o contén todo (2018). Frear o momento (2020). Solsticios (2023).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ith en Bandcamp. Canle de Ith no Youtube.

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos de rock en galego