Toxopneustes pileolus é unha especie de ourizo de mar que habita no océano Índico e no oeste do océano Pacífico. É considerada unha especie altamente perigosa, xa que é quen de es producir picaduras extremadamente dolorosas e medicamente significativas cando se lles toca. Habita nos arrecifes de coral, nas pradeiras mariñas e nos ambientes rochosos e areosos a profundidades de 90 metros. Aliméntase de algas, briozoos e detritos orgánicos.

Distribución e hábitat Toxopneustes pileolus ten unha ampla distribución e é común nas zonas tropicais do océano Pacífico occidental. Pode atoparse dende o punto máis setentrional en Okinawa, no Xapón, ata Tasmania, Australia no máis meridional; e dende o oeste no mar Vermello e a costa leste de África, ata Rarotonga nas Illas Cook no leste.

Habita nos arrecifes de coral, nas pradeiras mariñas e nos ambientes rochosos e areosos a profundidades de 90 metros e na superficie da auga. Ás veces poden enterrarse parcialmente no substrato.

Notas

Categoría:Animais descritos en 1816 Categoría:Fauna do océano Pacífico Categoría:Fauna do océano Índico