Antonios-Grigorios Voutsinos,Citado tamén en italiano como Antonio Gregorio Vuccino. A.A. (en ), nado en Galissas (Siros) o 8 de maio de 1891 e finado o 23 de abril de 1968, foi un relixioso católico latino grego, bispo de Siros e posteriormente arcebispo de Corfú, Zante e Cefalonia. Traxectoria Naceu o 8 de maio de 1891 en Galissas, na illa de Siros, no Reino de Grecia. Ingresou nos Agostiños da Asunción, e o 11 de maio de 1918 foi ordenado sacerdote.

O 9 de xuño de 1937 foi nomeado bispo de Siros. Recibiu a ordenación episcopal o 25 de xullo do mesmo ano, de mans do delegado apostólico en Grecia, Angelo Roncalli (futuro papa Xoán XXIII), e tivo como co-consagradores ao arcebispo de Naxos, Andros, Tinos e Míconos Alessandro Guidati e ao arcebispo de Istanbul Paul Kiredjian.

O 29 de maio de 1947 foi nomeado arcebispo de Corfú, Zante e Cefalonia. Permaneceu no cargo até a súa renuncia o 6 de xullo de 1952, sendo nomeado entón arcebispo titular de Aprus; pasou entón a residir en Francia, realizando diferentes encargos. Participou no Concilio Vaticano Segundo. Finou en París o 23 de abril de 1968.

Notas

Categoría:Nados en 1891 Categoría:Nados na periferia do Exeo meridional Categoría:Finados en 1968 Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Relixiosos católicos de Grecia Categoría:Asuncionistas Categoría:Arcebispos católicos de Grecia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Segundo