Candice Patricia Bergen, nada en Beverly Hills o 9 de maio de 1946, é unha actriz estadounidense gañadora de dous Globos de Ouro e cinco Premios Emmy.

Con múltiples talentos, Candice foi tamén modelo de alta costura, xornalista, fotógrafa, escritora de obras de teatro e dun libro coas súas memorias. Foi a primeira muller que presentou o programa de televisión Saturday Night Live, durante a tempada de estrea en 1975.

Traxectoria Bergen naceu o 9 de maio de 1946 no Hollywood Presbyterian Hospital nos Ánxeles. A súa nai, Frances Bergen (de solteira Westerman), fora unha modelo de Powers coñecida profesionalmente como Frances Westcott. O seu pai, Edgar Bergen, era un famoso ventrílocuo, cómico e actor. Os seus avós paternos eran inmigrantes suecos que anglicanizaron o seu apelido, orixinariamente Berggren.

Bergen criouse en Beverly Hills, California e asistiu á Harvard-Westlake School. De nena, ás veces era descrita como "a irmanciña de Charlie McCarthy" facendo referencia ao monicreque do seu pai, o que a irritaba."So when I was born, it was only natural that I was known in the press not as Candice Bergen, but as "Charlie's sister."" (Bergen, "My Dad, Charlie and Me' in Jack Canfield, et al., A Second Chicken Soup for the Woman's Soul 1998:36

Comezou a aparecer no programa radiofónico do seu pai con poucos anos,"Bergen & McCarthy 55-12-25 Christmas (Guest Candice Bergen)", listed on Golden Age OTR's playlist on Live365.com e en 1958, con once anos, apareceu co seu pai no programa de Groucho Marx You Bet Your Life, como Candy Bergen. Dixo que cando crecese quería deseñar roupa. Posteriormente asistiu á Universidade de Pensilvania, mais como logo recoñeceu non tomou a súa educación en serio e tras suspender dous cursos sobre arte e ópera, pedíronlle que abandonase. Finalmente recibiu un doutoramento honorífico desta universidade en maio de 1992.

Traballou como modelo antes de dedicarse á interpretación, aparecendo na portada de Vogue. Recibiu clases de interpretación no HB Studio de Nova York, comezando no cinema nos anos 60. A pesar das críticas dos seus primeiros filmes, foi candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria no cinema e ao Óscar á mellor actriz secundaria polo filme Starting Over.

En 1982, despois do éxito de Gandhi, que recibiu oito Óscars, e en que ela fixo o papel da destacada fotógrafa Margaret Bourke-White, unha das poucas occidentais a compartiren a intimidade do líder indio durante a súa vida, Bergen pasou a traballar na televisión, actuando en diversas series. Alcanzou o seu maior éxito coa serie Murphy Brown, en que interpretaba a decidida reporteira televisiva do título, e pola cal recibiu cinco premios Emmy á mellor actriz de comedia.

Posteriormente volveu actuar no cinema, participando de Miss axente especial con Sandra Bullock ou en View from the Top do brasileiro Bruno Barreto. Na televisión, participou na serie Boston Legal na ABC.

Vida persoal miniatura|Candice Bergen e a súa nai Frances Bergen na 62ª edición dos Óscar o 26 de marzo de 1990. Activista política, Bergen aceptou unha cita con Henry Kissinger. Durante os seus días de activismo participou nunha broma Yippie cando ela, Abbie Hoffman e outros lanzaron billetes de dólar no chan da bolsa de Nova York en 1967, levando ao seu pechamento temporal. En 1972 participou na recollida de fondos e na organización da campaña presidencial de George McGovern.McGovern, George S., Grassroots: The Autobiography of George McGovern, Nova York: Random House, 1977, pp. 173, 247

Bergen e o seu antigo mozo Terry Melcher viviron no 10050 Cielo Drive nos Ánxeles, que posteriormente foi ocupado por Sharon Tate e o seu marido Roman Polanski. Tate e outras catro persoas foron asasinadas na casa o 9 de agosto de 1969 por seguidores de Charles Manson. Houbo especulacións iniciais sobre se Melcher puido ser a vítima prevista, aínda que Melcher, o seu antigo compañeiro de piso Mark Lindsay e Vincent Bugliosi indicaron que Manson sabía que Melcher xa non vivía na casa nesa época.

Entre 1971 e arredor de 1975, Bergen mantivo unha relación co produtor e guionista de Hollywood Bert Schneider.

O 27 de setembro de 1980, casou co director de cinema francés Louis Malle. Tiveron unha filla, chamada Chloe Françoise, en 1985. A parella estivo casada ata o pasamento de Malle por cancro o día de acción de grazas de 1995. Bergen fala francés con fluidez.

Está casada co magnate inmobiliario e filántropo neoiorquino Marshall Rose dende 2000.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1966 Lakey Eastlake 1966 O Yang-Tse en chamas Shirley Eckert 1967 Electra Brown 1967 Vivre pour vivre Candice 1968 Lily 1970 Sue Ann Daley 1970 Getting Straight Jan 1970 Soldier Blue Cresta Maribel Lee 1971 Carnal Knowledge Susan 1971 Melissa Ruger 1971 T.R. Baskin T. R. Baskin 1974 11 Harrowhouse Maren Shirell 1975 Eden Pedecaris 1975 Morde a bala Miss Jones 1977 Ellie Tucker 1978 Lizzy 1978 Oliver's Story Marcie Bonwit 1979 Starting Over Jessica Potter Candidata ao Óscar e ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria 1981 Rich and Famous Merry Noel Blake 1982 Gandhi Margaret Bourke-White Candidata ao BAFTA á mellor actriz secundaria 1984 2010 SAL 9000 Só voz; acreditada como Olga Mallsnerd 1985 Stick Kyle McClaren 2000 Miss axente especial Kathy Morningside 2002 Sweet Home Alabama Mayor Kate Hennings 2003 View from the Top Sally Weston 2003 Judy Tobias 2008 Sex and the City Enid Frick 2008 Catherine Frazier 2009 Bride Wars Marion St. Claire 2010 Augusta Hayes 2014 A Merry Friggin' Christmas Donna Mitchler 2016 Rules Don't Apply Nadine Henly 2017 The Meyerowitz Stories Julia 2017 Home Again Lillian Stewart 2018 Book Club Sharon Myers 2020 Let Them All Talk Roberta

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Candice Bergen en wowOwow

Categoría:Nados en Beverly Hills Categoría:Nados en 1946 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de California Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia sueca