As Nosas é un xornal dixital de información deportiva e de ámbito galego dirixido pola xornalista Silvia Carregal (A Coruña, 1973) e cun equipo conformado por tres redactores (Patri Campos, Iago Cerezuela e Carolina Regueira). Ademais, conta co reforzo dos departamentos de deseño, fotografía, edición audiovisual e redacción de Ártabra Comunicación, empresa editoria de As Nosas.

Naceu a comezos de 2020 «para darlle o protagonismo que a muller no deporte en Galicia reclama e merece». Desde a súa liña editorial, pretende achegar unha visión de xénero que fomente na sociedade valores de igualdade, sororidade, respecto, superación, e competitividade sa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de As Nosas

Categoría:Xornais en lingua galega Categoría:Xornais de Galicia Categoría:Deporte en Galicia Categoría:Xornais deportivos de España Categoría:Xornais electrónicos