Salman Amin Khan, nado en Nova Orleáns o 11 de outubro de 1976, é un profesor, informático, enxeñeiro eléctrico e matemático estadounidense, que en setembro de 2006 creou unha organización de aprendizaxe electrónica de educación gratuíta chamada Khan Academy, que produciu máis de 6500 leccións en vídeo sobre diferentes materias académicas, centrándose orixinariamente en matemáticas e ciencias. Recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional en 2019.Premio Princesa de Asturias de Cooperación 2019
En 2012, a revista Time nomeouno na súa listaxe anual das 100 persoas máis influentes do mundo. O mesmo ano apareceu na portada de Forbes.
Traxectoria Salman Khan naceu en Luisiana no seo dunha familia bengalí. O seu pai era de Barisal (Bangladesh), e a súa nai era de Murshidabad, Bengala Occidental (India). Asistiu á escola pública Grace King High School en Metairie, Louisiana, onde, como lembra, "algúns compañeiros de clase saían do cárcere e outros ía as mellores universidades". Traballou como debuxante no xornal do instituto e graduouse como mellor alumno en 1994.
Khan realizou estudos no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde obtivo se graduou cun Bachelor of Science e un Master of Science no Curso 6 (enxeñaría eléctrica e ciencias da computación) e outro no Curso 18 (matemáticas), en 1998. Foi presidente da clase no seu último ano. Tamén posúe un mestrado en administración de empresas pola Harvard Business School.
A idea de Khan Academy xurdiu mentres procuraba a maneira de axudar a súa prima Nadia en 2004. Cando outros parentes e amigos pediron a súa axuda moveu os seus tutoriais de Yahoo! a YouTube onde creou unha conta o 16 de novembro de 2006. A popularidade dos seus vídeos educativos levouno a abandonar o seu traballo como analista financeiro a finais de 2009.
A Academia é unha organización sen fins de lucro que ten como obxectivo cambiar a educación compartindo coñecementos para calquera persoa en calquera lugar; os recursos da páxina están dispoñibles na súa totalidade de xeito gratuíto.
Vida persoal Khan está casado coa médica paquistaní Umaima Marvi. A parella vive cos seus fillos en Mountain View, California.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Khan Academy
Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana Categoría:Nados en 1976 Categoría:Profesores Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Estadounidenses de ascendencia india Categoría:Premios Princesa de Asturias de Cooperación Internacional