Echinorhinus brucus, coñecido en galego como cravudo,cravudo no Dicionario da RAG. é unha especie de peixe elasmobranquio selaquimorfo da superorde dos escualiformes, unha das dúas integradas na actualidade (2020) na familia dos equinorrínidos.Echinorhinus brucus (Bonnaterre, 1788) no WoRMS. Echinorhinus brucus (Bonnaterre, 1788) no ITIS.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1788 polo naturalista francés Pierre Joseph Bonnaterre, baixo o nome de Squalus brucus, na súa obra Tableau encyclopédique et méthodique des trois regnes de la nature. Ichthyologie.

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Echinorhinus mccoyi Whitley, 1931 Echinorhinus obesus Smith, 1838 Echinorhinus spinosus (Gmelin, 1789) Squalus brucus Bonnaterre, 1788 (protónimo) Squalus spinosus Gmelin, 1789

En Galicia Esta especie frecuenta as augas galegas, onde foi citado por primeira vez en 1919 por Odón de Buen y del Cos, como Echinorhinus spinosus.De Buen, O. (1919): "Mr. Xavier Doucloux y sus trabajos sobre peces y pesca en Vigo". Bol. Pesc. 31-32: 81-83.

Nome galego A Real Academia Galega dá para esta especie o nome de cravudo. Ríos Panisse, xa dera para a especie, que identifica como Echinorhinus spinosus (Gmelin), o nome de cravudo, segundo Lozano Cabo,Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7181-008-X, p. 171, opinando que quizais sexa o garvudo que se define como «escualo, pez de mar», no dicionario de Franco Grande.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Akhilesh, K. V. (2013): "Catch composition, reproductive biology and diet of the bramble shark Echinorhinus brucus (Squaliformes: Echinorhinidae) from the south‐eastern Arabian Sea". Journal of Fish Biology. 83 (5):1112-27. Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. Princeton, Nova Jersey USA: Princeton University Press. ISBN 0-6911-2072-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. 4th Edition. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos Tiburóns Escualiformes Equinorrínidos

Categoría:Escualiformes Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Peixes do océano Índico Categoría:Peixes do océano Pacífico Categoría:Animais descritos en 1788 Categoría:Peixes de Galicia