Felipe Juaristi Galdos, nado en Azkoitia, Gipúscoa, o 12 de xuño de 1957, é un escritor en éuscaro.

É máis coñecido como poeta, aínda que publicou novelas e contos. Traduciu ao español varios textos literarios vascos. Gañou varios premios, entre eles o Premio Euskadi dúas veces. Tamén gañou o primeiro premio no concurso "Bizi, Irakurri 2002" polo seu traballo Haydn-en loroa.

Foi Premio Rosalía de Castro no 2002 do Centro PEN Galicia.

Traxectoria Estudou Xornalismo e Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid e traballou en diversos medios de comunicación como crítico literario. Tamén foi o director de Euskadi Irratiko desde 2010. Traballou en ETB e na Universidade do País Vasco, na escola de formación de profesores. Foi un dos fundadores das revistas de Literatura Kazeta e Porrot, ademais de editor nas editoras Baroja e Bermingham.

As súas lecturas levárono cara á literatura e Antonio Machado foi un dos autores que o fascinou. É máis coñecido polo seu traballo no campo da poesía. Neste campo, recibiu dúas veces o Premio Euskade de Literatura, o Premio Lizardi e o Premio da Crítica de poesía en éuscaro catro veces. Entre os seus principais poemarios inclúense Denbora, nostalgia (1985), Hiriaren melankolia (1987) e Laino artean zelatari (1993). Na década dos 90 publicou principalmente obras para nenos e mozos, e tamén destacou como tradutor neste campo, aínda que seguiu estreitamente relacionado coa poesía, tanto na súa obra, como lector ou preparando e traducindo publicacións doutros poetas.

Despois da novela curta Intzentsua lurrean bezala (1988), publicou a súa primeira novela a principios dos anos 90, Arinago duk haizea, Absalon, que tamén se publicou en castelán en 1992 (Más leve es el viento, Absalón). En 1996 publicouse Bordelera. Gañou o Premio Euskadi de Literatura en 1998 polo seu libro de poesía Xeografía de preguntas ( 1997) (publicado en castelán en 2000, Geografía de las preguntas ). Airezko emakumeak lanarekin (Mujeres de aire; Erein, 2004) foi finalista do Premio Euskadi 2005.

En canto á literatura infantil e xuvenil, o traballo creativo de Felipe Juaristi está dotado de calidade e beleza por todos os lados. Publicou libros dirixidos a este público, incluíndo Tristuraren teoria (1993), que gañou o premio Lizardi ese ano, Ilargi lapurra (1994), Sagitario (1995) e Eguzkiren etxea (1998). En 2000 gañou o Premio Euskadi de Literatura por segunda vez no campo da literatura infantil pola súa obra Animalien inauteria .

Foi nomeado académico correspondente da Euskaltzaindia o 26 de maio de 2006.

Obras

Narrativa

Bordelera (1996). Erein. (A Bordeos). Inazio Muniberen abenturak (2001). Olerti Etxea. (As aventuras de Inazio Munibe).

Novela

Intzensua lurrean bezala (1988). Baroja. (Como o incenso na terra). Tamén como obra teatral. Arinago duk haizea, Absalon (1990). Erein. En castelán: Más leve que el viento, Absalon (1991),VOSA. Airezko emakumeak (2003). Erein. (Mulleres no aire). Ez da gaua begietara etortzen (2007). Erein. (A noite vén aos ollos). Etxearen negarra (2007). Erein.

Poesía

Denbora, nostalgia (1984). Baroja. (Tempo, nostalxia) Hiriaren melankolia (1986). Baroja. (A melancolía da cidade) Laino artean zelatari (1993). Alberdania. (Axexando entre a néboa) Galderen geografia (1997). Alberdania. (Xeografía das preguntas) XX. mendeko poesia kaierak - Felipe Juaristi (2001). Susa. Begi-ikarak (2004). Erein. (Temblores oculares) Aingeruaren angelua = El ángulo del angel (2011). Luces de Gálibo. Piztutako etxea (2014). Erein. (A casa iluminada)

Infanto xuvenil Tristuraren teoria (1993). Ilustrador Jon Zabaleta. Erein. (Teoría da tristeza). Ilargi-lapurra (1994). Ilustrador Antton Olariaga. Erein. (O ladrón de lúas). Eguzkiren etxea (1998). Ilustrador Antton Olariaga. Alberdania. (A casa do sol). Laura eta itsasoa (1998). Ilustrador Luis Alonso. Aizkorri. (Laura e o Mar). Animalien inauteria (1999). Iilustrador Antton Olariaga. Erein. (O Entroido dos animais). Aduna eta aduanak (2000). Erein. (Aduna e as aduanas). Izar euria (2001). Ilustradora Elena Odriozola. Elkar. (A chuvia de estrelas). Hiria eta haurrak (2001). Ilustrador Juan Luis Landa. Erein. Printzesen eskola (2001). Ilustrador Enrique Morente. Ibaizabal. (O colexio das princesas). Itzarri nahi ez zuen printzesa (2002). EEF - Alberdania. (A princesa que non quería espertar). Haydn-en loroa (2003). Ilustradora. Elena Odriozola. Aizkorri. (O papagaio de Haydn). Basalimoien Usaina (2003). O recendo dos limóns salvaxes. Zezena eta mutila (2005). Desclée de Brower. (O touro e o mozo). Zazpi bider zazpi (2005). (Sete por sete). Etxearen Negarra (2007). (O pranto da casa). Tarzan eta pantera emakumea (2010). Ilustrador Aitziber Alonso. Aizkorri. (Tarzán e a muller pantera). Iraganik gabe (2017). Erein. (Sen o pasado). Hamzaren bizitza (2018). Erein. (A vida de Hamza).

Premios

1985: Premio da Crítica de Poesía en éuscaro, Denbora, nostalgia. 1987: Premio da Crítica de Poesía en éuscaro, Hiriaren melankolia. 1990: Premio da Crítica de Narrativa en éuscaro, Arinago duk haizea, pola súa obra Absalon. 1992: Premio Xabier Lizardi,Tristuraren teoria. 1998: Premio Euskadi de lLiteratura, Galderen geografia. 2000: Premio Euskadi no campo da literatura infantil e xuvenil, Animalien inauteria. 2002: 6º Premio de Literatura Xuvenil de Everest por Leer es vivir. 2002: Premio Rosalia de Castro do Centro PEN Galicia. 2004: Premio da Crítica de Poesía en éuscaro, Begi-ikarak. 2014: Premio da Crítica Española de Poesía en éuscaro, Piztutako etxea.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Aldekoa Beitia, Iñaki: Felipe Juaristiren poesiagintza: desparadisurako ibilbidea. - Egan, 1993-1, 29-33 Izagirre, Koldo (2001). Felipe Juaristi, XX. mendeko Poesia Kaierak. Susa. Zubeldia, Iñaki: Felipe Juaristi Haur Literaturako idazle handi baten bilakaera. - Egan, 2001-3/4, 2015-214.

Categoría:Realismo máxico Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Tradutores ao éuscaro Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Azkoitia