Manuel Pedro Trobo Rivera, nado en Galdo (Viveiro) en 1910 e finado no mesmo concello o 13 de xaneiro de 1946, foi un falanxista galego.
Traxectoria Fillo de José Trobo Pardo. Estudou o bacharelato en Lugo. Foi fundador de Falange Española de Viveiro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe de Falange de Viveiro e participou na represión. Despois foi industrial dedicado ao transporte de peixe.El Progreso, 11-8-1942, p. 2.El Progreso, 3-7-1943, p. 2. Foi executado pola guerrilla o 13 de xaneiro de 1946, nunha acción na que participaron Evaristo Candelas e Leonardo Gómez Pérez.
Vida persoal
Casou con Ángela Miranda Miranda.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas O terror en Lugo ten nomes
Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Asasinatos en Galicia