Os Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 (en ; Dai Jūhachi-kai Orinpikku Tōkikyōgi Taikaiforon) foron un evento deportivo de inverno internacional que se celebrou dende o 7 até o 22 de febreiro de 1998, principalmente en Nagano, no Xapón. Os eventos dos Xogos de Inverno tamén tiveron lugar nas comunidades montañosas de Hakuba, Karuizawa, Nozawa Onsen e Yamanouuchi. A cidade de Nagano xa fora anteriormente candidata a ser a sede nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1940 (que foron posteriormente cancelados), así como nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1972, mais tódalas veces Nagano foi eliminado a nivel nacional por Sapporo.
Os Xogos acolleron 2 176 deportistas de 72 países, os cales competiron en 7 deportes e 68 probas. O número de participantes e de países supuxo un récord naquela época. Os Xogos viron a introdución do hóckey sobre xeo feminino, o curling e o snowboard. O comité organizador permitiu a participación dos xogadores da National Hockey League na competición por vez primeira. Azerbaidján, Kenya, Macedonia, o Uruguai e Venezuela fixeron o seu debut nos Xogos de Inverno.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas 1998 Winter Olympics Official website
Categoría:Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 Categoría:1998