Evangelista Boni, O.F.M.Cap., nado o 14 de setembro de 1829 en Pistoia e finado o 19 de agosto de 1897 foi un relixioso católico latino italiano.

Traxectoria Naceu en Pistoia, na diocese de Pistoia e Prato, o 14 de setembro de 1829. Entrou na Orde dos Freires Menores Capuchinos.

O 7 de xuño de 1872 foi nomeado bispo de Zante e Cefalonia. Recibiu a consagración episcopal en Roma, o 25 de xullo do mesmo ano, de mans do cardeal Fabio Maria Asquini.

O 23 de xaneiro de 1885 foi nomeado arcebispo metropolitano de Corfú. Permaneceu no cargo até o seu pasamento o 19 de agosto de 1897. Distincións Foi nomeado prelado doméstico de Súa Santidade León XIII. Foi tamén distinguido coa Cruz de Ouro da Orde do Salvador.

Notas

Categoría:Nados en 1829 Categoría:Nados en Pistoia Categoría:Capuchinos de Italia Categoría:Arcebispos católicos de Italia Categoría:Arcebispos católicos de Grecia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Finados en 1897