Ulla Westermark, nada o 30 de marzo de 1927 e finada en 2020, foi unha numismática sueca.Kampmann, U. (2020).
Traxectoria Na Suecia do período posterior á II guerra mundial, Westermark comezou a traballar, entre 1954 e 1963 no Gabinete Real de Moedas de Estocolmo (Kungliga myntkabinettet), e xa era profesora na Universidade de Estocolmo desde 1952.
Nese período na universidade, tomou contacto co numismático alemán Willy Schwabacher, especialista en moeda da Antiga Grecia, de quen tomou o seu interese pola numismática.
En 1961 Westermark acadou o seu doutoramento cunha tese en alemán que se considera unha referencia para o estudo das moedas de Pérgamo: Das Bildnis des Philetairos von Pergamon. Corpus der Münzprägung ("O retrato de Filetero de Pérgamo. Corpus das cuñaxes").Véxase (1961) en "Bibliografía".
A súa vinculación co Gabinete Real de Moedas foi moi duradeira, e entre 1979 e 1983, ao final da súa carreira profesional, chegou a ser a directora da institución. Nese período foi cando publicou unha das monografías máis salientables, titulada The Coinage of Kamaria, escrita xunto a G. K. Jenkins e publicada en 1980 pola Royal Numismatic Society.
Mesmo na época do seu retiro, entre 1986 e 1996, foi a coordinadora da obra monumental Sylloge Nummorum Graecorum e traballou na elaboración dun corpus de moedas promovido pola Sociedade Numismática Sueca.
Recoñecementos En 2002, Harald Nilsson editou un libro homenaxe a Ulla Westermark con motivo do seu 75 aniversario, no que colaboraron 47 numismáticos especialistas na moeda da Antiga Grecia.
Tamén foi recoñecida como membro honorario do Consello Internacional de Numismática e da Royal Numismatic Society, e como membro correspondente da Sociedade Numismática Sueca (1967)."SNF:s korresponderande ledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen. Pola súa banda, a Universidade de Estocolmo outorgoulle un doutoramento honorario en 1988.
Premios (1995): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, en Frankfurt. (1997): Medalla Gunnar Holst, da Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia."Pris till Ulla Westermark". En Svensk Numismatisk Tidskrift. 1. 1998. Svenska Numismatiska Töreningen. Páxina 5. (1997): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York. "Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (2001): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións Estas son algúns dos traballos monográficos máis salientables publicados durante a carreira académica de Ulla Westermark:"Westermark, Ulla 1927-2020 ". Digital Library Numis."Westermark, Ulla". WorldCat Identities.
(1961). Das Bildnis des Philetairos von Pergamon. Corpus der Münzprägung. Almqvist & Wiksell, Estocolmo. (1974). The collection of His late Majesty King Gustaf VI Adolf. The Fred Forbat Collection [Sylloge nummorum Graecorum] (con N. Lagergren). Almqvist & Wiksell, Estocolmo. ISBN 9789171921987 (1975). Om grekiska mynt : utgiven i samband med utställningen Gustav VI Adolfs gåvor. Kungliga myntkabinettet, Esatocolmo. ISBN 9789171922229 (1980). The coinage of Kamarina (con G. K. Jenkins). Special Publications, 9. Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 9780901405098 (1991). Early Hellenistic coinage : from the accession of Alexander to the Peace of Apamea (336-188 B.C.) (con O. Mørkholm e P. Grierson). Cambridge University Press. ISBN 9780521395045 (1991). The collection of the Royal Coin Cabinet National Museum of Monetary History Stockholm. Part 3: Attica - Lesbos [Sylloge nummorum Graecorum]. Almqvist & Wiksell, Estocolmo. ISBN 9789174022117 (2018). The coinage of Akragas c. 510-406 BC 2 Catalogue. Uppsala Universitet. ISBN 9789151302706
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kampmann, U. (2020). "Ulla Westermark (1927-2020)". En Coins Weekly. 27 de febreiro.
Categoría:Nados en 1927 Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes