The Queen's Gambit é unha miniserie estadounidense baseada na novela homónima escrita por Walter Tevis en 1983. Foi creada por Scott Frank e Allan Scott e está protagonizada por Anya Taylor-Joy. Estreouse en Netflix o 23 de outubro de 2020.

Sinopse The Queen's Gambit é unha historia ficticia baseada na vida dunha rapaza orfa e prodixio do xadrez, Beth Harmon (Anya Taylor-Joy). A serie céntrase na súa evolución para converterse na mellor xogadora de xadrez do mundo, superando problemas con dependencia de menciñas e alcohol. A historia comeza a mediados da década de 1950 e continua durante a década de 1960.

Personaxes Anya Taylor-Joy como Beth Harmon Isla Johnston como Beth de rapaza Annabeth Kelly como Beth con cinco anos Bill Camp como Mr. Shaibel Moses Ingram como Jolene Christiane Seidel como Helen Deardorff Rebecca Root como Miss Lonsdale Chloe Pirrie como Alice Harmon Akemnji Ndifornyen como Mr. Fergusson Marielle Heller como Mrs. Alma Wheatley Harry Melling como Harry Beltik Patrick Kennedy como Allston Wheatley Jacob Fortune-Lloyd como Townes Thomas Brodie-Sangster como Benny Watts Marcin Dorociński como Vasily Borgov

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América