O teléfono móbil Motorola DynaTAC 8000X foi desenvolto no ano 1983 por Motorola, sendo o primeiro teléfono móbil do mundo sostíbel cunha man e foi posto á venda o 13 de marzo do mesmo ano. Pesaba 800 gramos e medía 33 por 4,5 por 8,9 centímetros. Na data de saída ao mercado do produto, custaba 3.995 dólares estadounidensesAsí fue la primera llamada por celular, hace 46 años . www.estrategiaynegocios.net. e a súa batería tiña unicamente a autonomía dunha hora en conversación. Un ano máis tarde (1984) 300.000 persoas compraran o terminal. Este primeiro paso da revolución móbil veu da man de Rudy Krolopp.

A Serie DynaTAC foi sucedida pola Serie MicroTAC en 1989, e esta á súa vez pola Serie StarTAC. "TAC" era unha de abreviatura de Total Area Coverage nas tres series.

miniatura|200px|Martin Cooper utilizando un Motorola DynaTAC.

Descrición

A serie DynaTAC 8, Classic, Classic II, Ultra Classic e Ultra Classic II tiña unha pantalla que usaba LED de 7 segmentos vermellos; a serie DynaTAC International, LED verdes, e a DynaTAC 6000 XL usaba unha pantalla fluorescente sen carga. Estas pantallas limitaban severamente a información que podían amosar. A batería permitía unha chamada de ata só 60 minutos, despois do cal era necesario recargar o teléfono (10 horas nun cargador lento ou unha hora nun cargador rápido), que se vendía como un accesorio separado. O 6000 XL, aínda que conservaba o nome de DynaTAC, non tiña ningunha relación coa serie DynaTAC 8000, xa que era un teléfono transportábel destinado a ser instalado nun vehículo.

Ademais do típico teclado numérico (keypad) telefónico, tiña nove teclas especiais, situadas debaixo deste: Rcl (Recall). Clr (Clear). Snd (Send). Sto (Store). Fcn (Function). End (End). Pwr (Power). Lock (Lock). Vol (Volume).

Modelos

America series (analóxico) DynaTAC 8000X DynaTAC 8000 L DynaTAC 8000 S DynaTAC 8000 M DynaTAC 8500x DynaTAC 8900x (1989) International 3200/3300 Ultra Classic/II

International series (GSM) International 3200/3300

Notas

Categoría:Teléfonos móbiles