Henri Arnold Seyrig, nado o 10 de novembro de 1895 en Héricourt, Alto Saona, e finado o 21 de xaneiro de 1973 en Neuchâtel, Suíza, foi un arqueólogo e numismático francés."Seyrig, Henry". Trecanni. Istituto dell'Enciclopedia Italiana."Seyrig, Henri Arnold". Comité des travaux historiques et scientifiques.

Foi membro da Académie des inscriptions et belles-lettres, e é coñecido fundamentalmente por ter ocupado o posto de director xeral de Antigüidades de Siria e o Líbano no período de soberanía francesa, e posteriormente por ter creado o Instituto Francés de Arqueoloxía do Próximo Oriente, que dirixiu ata 1967, cando se xubilou.

Estivo casado con Hermine de Saussure (1901-1984), tataraneta de Horace Bénédict de Saussure.Knoepfler, D. (2013). Páxinas 1316-1317. A súa filla foi a actriz Delphine Seyrig e o seu fillo o compositor de música cinematográfica Francis Seyrig.Siebert, G. (2001).

Traxectoria Henri Seyrig era membro dunha familia de industriais alsaciana e suíza que profesaba a fe calvinista; fillo de Abel Seyrig, garda forestal, e de Julia Lacroix. Aos seus tres anos, a familia instalouse en Mulhouse, onde recibiu a educación primaria e aprendeu alemán.

No curso 1913-1914 estudou na Universidade de Oxford, mais tivo que deter os seus estudos por mor da súa participación na primeira guerra mundial na fronte de Verdún, que o fixo merecedor da Cruz de Guerra; posteriormente interveu tamén co exército francés de Oriente en Tesalónica.Courcelle, P. (1973).

Logo do armisticio, Seyrig continuou os estudos clásicos e graduouse na Universidade Sorbona, e baixo a dirección de Victor Bérard con quen preparou unha memoria de licenciatura sobre a Casa Homérica. En 1922 acadou acreditación para impartir de gramática e linguas clásicas e tamén aprobou o ingreso nas Escola Francesa de Atenas, onde colleu amizade con Fernand Chapouthier. Os seguintes anos pasounos en Grecia, primeiro como científico (1922-1928) e posteriormente como secretario xeral desa institución (1928).

A súa carreira sufriu un punto de inflexión en 1929, cando René Dussaud, o pai da arqueoloxía siria, o recomendou para o posto de director xeral de Antigüidades de Siria e do Líbano en Beirut, baixo mandato francés. Seyring converteuse nun dos principais reorganziadores da investigación arqueolóxica en Siria, primeiro desde ese posto (1929-1941) e máis tarde como director do Instituto Francés de Arqueoloxía do Próximo Oriente -IFAPO- (1946-1960 e 1962-1967).

Entre 1942 e 1945 foi agregado cultural da Francia libre nos Estados Unidos, e entre 1945 e 1965 foi profesor na Universidade de París.

O seu labor como arqueólogo foi cada vez máis coñecido e o seu nome "ligouse ás grandes obras arqueolóxicas"."Henri Seyrig". En Thiollet, G-P. (2005). Así as cousas, foi nomeado como director dos Museos de Francia e da Escola do Louvre (1960-1962) por André Malraux, daquela ministro de Cultura.

Henri Seyrig mantivo contactos con numerosas figuras da cultura e da arte contemporáneas, como Henri Matisse, Fernand Léger, Joan Miró, Aimé Césaire, André Breton e, sinaladamente, Le Corbusier.

Ingresou na Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, en 1933 como membro correspondente e en 1952 como membro pleno,Will, E. (1993). Páxina 385. e na Academia Británica en 1955, como membro correspondente."Deceased Fellows". British Academy. Ademais, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade Yale.

Seyrig chegou a conformar unha importante colección de selos de chumbo bizantinos, que agora se atopa no Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París. Algunhas antigüidades da súa posesión foron doadas ao Museo Louvre de París.Cheynet, J. C.; Morrisson, C. (1991).

Recoñecementos

(1952): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1961): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Publicacións Seyrig foi un autor prolífico de artigos nas revistas arqueolóxicas e numismáticas máis sobranceiras do seu tempo. Saliéntanse aquí algunhas das súas monografías máis relevantes:"Henri Seyrig". Open Library. Internet Archive."Seyrig, Henri (1895-1973)". Persee.fr

Monografías (1938). Antiquités syriennes. P. Geuthner, París. (1950). Notes in Syrian Coins. American Numismatic Society. Numismatic notes & monographs, 119. (1968). Le temple de Bêl à Palmyre. P. Geuthner, París. (1973). Trésors du Levant anciens et nouveaux. P. Geuthner, París. (1985). Scripta varia. mélanges d'archéologie et d'histoire. P. Geuthner, París. (1986). Scripta numismatica. P. Geuthner, París.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cheynet, J. C.; Morrisson, C. (1991). Les sceaux byzantins de la collection Henri Seyrig. Catalogue raisonné. Bibliothèque nationale, París. ISBN 978-2717718492 Courcelle, P. (1973). "Allocution à l'occasion de la mort de M. Henri Seyrig, membre de l'Académie". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 117-1. Páxinas 100-102. Dentzer, J-M. (2013). "Henri Seyrig et les institutions de recherche françaises : du Service des Antiquités de Syrie au Centre de Recherches archéologiques de Valbonne". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 157-3. Páxinas 1351-1366. Knoepfler, D. (1996). "De la Grèce au Proche-Orient avec Henri Seyrig : un Athénien atypique au tournant de sa carrière (1922-1929)". En Bulletin de correspondance hellénique. 120. Páxinas 285-308. Knoepfler, D. (2013). "Henri Seyrig à Neuchâtel : le savant et l’homme à travers sa bibliothèque scientifique". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 157-3. Páxinas 1313-1349. Le Rider, G. (1973). "Henri Seyrig 1895-1973". En Revue suisse de numismatique. 52. Páxinas 147-171. Picard, O. (2013). "Henri Seyrig, un athénien peu ordinaire, 1922-1928". Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 157-3. Páxinas 1295-1311. Siebert, G. (2001). "Portraits et silhouettes d’Alsace: Seyrig Henri Arnold". En Revue d'Alsace. 127. Páxinas p. 372-376. Thiollet, G-P. (2005). "Henri Seyrig". En Je m'appelle Byblos. Ed. H & D. Páxina 257. ISBN 978-2914266048 Will, E. (1973). "Henri Seyrig". En Syria. 50. Páxinas 259-265. Will, E. (1993). "Notice sur la vie et les travaux d’Henri Seyrig, membre de l'Académie". Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres". 137-2. Páxinas 384-394.

Categoría:Nados en 1895 Categoría:Nados no departamento de Alto Saona Categoría:Finados en 1973 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Yale Categoría:Directores de museos Categoría:Museo do Louvre Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Profesores da Universidade de París Categoría:Personalidades sen imaxes