miniatura|Vista de Shimla, a súa localidade natal Preity G Zinta, nada en Shimla o 31 de xaneiro de 1975, é unha actriz e empresaria india, coñecida intérprete de Bollywood. O seu xeito de actuar e o tipo de personaxes que interpreta contribuíu a modificar a percepción das heroinas dentro do cinema hindi e polo éxito que logrou en moitos dos filmes nos que actuou consagrouse como unha das actrices máis importantes do cinema indio actual.
Traxectoria Naceu nunha familia rajput da capital de Himachal Pradesh. Seu pai, Durganand Zinta, era oficial do exército indio e morreu nun accidente de coche, cando ela tiña 13 anos de idade, mentres súa nai, Nilprabha, que tamén ía no vehículo quedou gravemente ferida e permaneceu en coma durante dous anos. Esa traxedia levouna a madurar rapidamente. Ten dous irmáns; Deepankar, o máis vello é oficial do exército, e Manish, o máis novo, vive en California. Estudou nun internado católico en Shimla, e nesa época gustáballe a literatura, en especial William Shakespeare e a poesía, ademais practicou deportes, como o baloncesto.
Logo de rematar a secundaria foi ao St Beda's College en Shimla e graduouse en literatura inglesa e despois fixo un mestrado en psicoloxía. Realizou cursos de posgrao en psicoloxía criminal, pero máis tarde comezou a traballar como modelo, e o primeiro anuncio para a televisión fíxoo en 1996 para os chocolates Perk para despois aparecer en diversos catálogos e anuncios, incluíndo un para o xabón Liril.
Debut como actriz e primeiros papeis (1998-1999) En 1997 ao acompañar un amigo para unha audición coñeceu a Shekhar Kapur e este preguntoulle se ía á audición tamén, e ao cabo fíxoa e Kapur insistiu en que ela había ser actriz. En principio, ía debutar nun filme dos seus filmes, Tara Rum Pum Pum con Hrithik Roshan, pero cando se cancelou a rodaxe, Kapur recomendouna ao director Mani Ratnam que preparaba o filme Dil Se.. (1998). Entrementes Zinta comezou a rodaxe dun filme de Kundan ShahKya Kehna pero a súa estrea adiouse ata o ano 2000. O atraso doutra película, Soldier (1998) fixo que Dil Se.. fose o seu primeiro filme, no que actuou con Shahrukh Khan e Manisha Koirala. Interpretou a Preeti Nair, unha moza de clase media de Delhi e noiva de Khan. O seu papel aparececía 20 minutos en pantalla pero a súa interpretación destacou, fíxose coñecida a escena con Khan, na que lle preguntaba ao protagonista: "Es virxe?" e logrou unha candidatura ao premio Filmfare á mellor actriz secundaria. O seu primeiro papel como protagonista foi no drama de acción Soldier, que se converteu nun éxito comercial. Logrou o premio Filmfare de 1999 ao mellor debut dunha actriz polas súas actuacións en Dil Se.. e Soldier.
En 1998 actuou por primeira volta nun filme non hindi, foi no filme telugu Premante Idera (1998) facendo parella con Venkatesh, e ao ano seguinte actuou noutro filme telugu Raja Kumarudu (1999), emparellada con Mahesh Babu. En 1999 volveu ao cinema hindi e protagonizou con Akshay Kumar Sangharsh, un suspense dirixido por Tanuja Chandra e escrito por Mahesh Bhatt e no que interpretaba a Reet Oberoi, unha oficial da Oficina Central de Investigación (CBI) que se namora dun asasino que prendera a policía ao que lle daba vida Kumar. Chandra achegarase a Zinta tras rexeitaren varias actrices a oferta de protagonizar este suspense pero Zinta viuno como unha oportunidade para ampliar o seu rexistro. Sangharsh non foi un éxito de recadación, mais a actuación Zinta recibiu comentarios favorables da crítica.
Consolidación (2000-2002) No ano 2000 protagonizou o drama Kya Kehna que se converteu, de xeito inesperado, nun éxito de recadación. Preity interpretou unha nai solteira e adolescente que loita contra dos prexuízos sociais, a súa actuación tivo un amplo recoñecemento do público e da crítica e foi candidata á mellor actriz nos Filmfare e o papel de Zinta afortalou unha nova xeración de intérpretes que viña con forza e que rachaban cos estereopitos do cinema hindi, e indio en xeral. Tamén recibiu críticas positivas o seu papel principal na comedia romántica Har Dil Jo Pyar Karega e tamén nese ano actuou con Sanjay Dutt e Hrithik Roshan no drama de Vidhu Vinod Chopra Mission Kashmir que se localizou no val Caxemira co transfondo dos conflitos indo-paquistanís, a película sobre o terrorismo e o crime foi un éxito comercial e converteuse no terceiro filme indio por recadación. O seu papel foi o de Sufiya Parvez, unha reporteira de televisión, e o amor adolescente de Roshan. esquerda|miniatura|Zinta no lanzamento de Chori Chori Chupke Chupke en 2001 En 2001, emparellada con Sunny Deol, protagonizou o filme de acción Farz, a crítica reprobou a súa actuación e o filme non logrou o éxito comercial. A estrea do drama familiar de Abbas-Mustan Chori Chori Chupke Chupke tornou unha das primeiras películas hindi en abordar a controvertida cuestión da xestación por substitución no que Zinta interpretou a Madhubala, unha prostituta de bo corazón contratada como ventre de alugueiro. Inicialmente remisa a participar na produción, ao cabo aceptou ao persuadila o director, e para preparar a súa interpretación visitou varios clubs e locais da zona de prostitución de Mumbai para estudar o argot e o comportamento das traballadores sexuais. Os comentarios sobre a película foron variados pero a crítica loou unanimemente a súa actuación. e recibiu a súa segunda candidatura á mellor actriz secundaria dos Filmfare.
A estrea do filme fora un ano despois do previsto por mor da detención do produtor Bharat Shah por relacións coa mafia, o que tivo ampla repercusión así como o xuízo en 2003 no que Zita declarou como testemuña contra da mafia india e reafirmouse, ao contrario que varios dos seus compañeiros no filme, en que recibira ameazas de extorsión pola mafia durante a rodaxe, tras as súas declaracións déronlle protección de testemuñas e permaneceu sen actividade pública durante dous meses .
En 2001 actuou tamén nos filmes románticos Dil Chahta Hai e Yeh Raaste Hain Ke Pyaar. Nunha descrición da vida diaria da mocidade de clase alto, o filme de Farhan Akhtar Dil Chahta Hai é unha historia de iniciación na vida adulta que se ambienta no Bombai contemporáneo e que se centra nun importante período de transición na vida de tres amigos (Aamir Khan, Saif Ali Khan e Akshaye Khanna) . Zinta interpretou a Shalini, a moza pola que se interesa Aamir Khan e que vive un conflito polo seu próximo casamento cun home que non ama. A crítica recibiu ben a Dil Chahta Hai e sinalouse que abriu un novo campo ao presentar un retrato realista da xuventude india. Foi candidata a mellor filme en hindi nos e recibiu o premio Filmfare da crítica a mellor filme. O filme foi un éxito moderado de recadación, ben recibido nas grandes cidades pero fracasou no rural, o que se atribuíu a que reflectía un estilo de vida moi propio das grandes urbes . O drama romántico de Deepak Shivdasani Yeh Raaste Hain Pyaar Ke, no que tamén actuaban Ajay Devgn e Madhuri Dixit pasou inadvertido tanto para a crítica como para o público. En 2001 realizou a súa primeira xira mundial, unha serie de concertos denominados "Craze 2001" ao longo dos Estados Unidos canda Anil Kapoor, Aamir Khan, Aishwarya Rai e Gracy Singh que se tiveron que cancelar ao pouco de principiar por mor dos atentados do 11 de setembro de 2001 pero que se mantiveron no Canadá.
En 2002 Zinta colaborou outra volta co director Kundan Shah e protagonizou o drama familiar Dil Hai Tumhaara, con Rekha, Mahima Chaudhry e Arjun Rampal. Deulle vida a Shalu, unha filla adoptada que devecía por amor, un papel co se identificaba por mor da súa natureza rebelde. Concibida para o lucimento da protagonista Dil Hai Tumhaara non foi un éxito financeiro mais a súa interpretación recibiu de xeito unánime o encomio da crítica . Nese ano de 2002 participou no espectáculo "From India With Love" no Reino Unido, con Amitabh Bachchan, Aamir Khan, Shah Rukh Khan e Aishwarya Rai que se efectou en Manchester en Old Trafford e Londres en Hyde Park ao que acudiron máis de 100 000 espectadores. miniatura|Presentación de Koi... Mil Gaya
Éxito (2003–2007) miniatura|esquerda|160px|Zinta durante a recollida do premio Zee á mellor actriz de 2004 Zinta protanizou os tres filmes indios con maior recadación indios de 2003: The Hero: Love Story of a Spy, Koi... Mil Gaya e Kal Ho Naa Ho. The Hero, coprotagonizada por Sunny Deol e Priyanka Chopra, é un drama de acción que se centra nun axente secreto do servizo de intelixencia exterior da India (RAW) nunha misión de recollida de información sobre a actividade terrorista na fronteira de Caxemira e Zinta interpreta a Reshma, unha aldeá caxemira que se namora do axente e torna parte da súa rede. O filme, que inclúe escenas de acción nunca vistos no cinema de Bollywood, converteuse no filme hindi máis caro que se producira ata entón e malia ser o terceiro filme en recadación dese ano non chegou a recuperar os custos de produción. O seu seguinte traballo foi en Armaan, canda Amitabh Bachchan e Anil Kapoor e que constituía o debut como director de Honey Irani, que concibiu un drama ambientado nun hospital que segue o labor do seu persoal e do seu director, o dr. Akash, que loitan con ardor para manter a institución financeiramente. Zinta interpretou a muller esquizofrénica de Akash, Sonia Kapoor, papel escrito especialmente para ela. A película recibiu predominantemente críticas positivas e enxalzouse a súa actuación e por ela recibiu candidaturas a mellor actuación nun papel negativo en diferentes premios, entre eles o Filmfare. thumb|upright=1.2|Zinta con Saif Ali Khan (esquerda) e Shah Rukh Khan con ocasión da presentación da banda sonora de Kal Ho Naa Ho en 2003 Despois actuou nun filme de ciencia ficción de Rakesh Roshan Koi... Mil Gaya sobre un mozo con discapacidade intelectual, que interpretou Hrithik Roshan, que entra en contacto cun alienixena. Zinta encarnou a Nisha, unha moza coa que fai amizade Roshan e da que se namora e polo papel recibiu outra candidatura Filmfare, a mellor actriz. A película foi un éxito de público e crítica, o máis popular do ano, así como o filme con maior recadación dos feitos por Zinta, con 680 millóns de rupias na India.
Kal Ho Naa Ho, un drama romántico ambientado en Nova York, foi a última aposta de Zinta de 2003; dirixido por Nikhil Advani, con guión de Karan Johar e coprotagonizado por Jaya Bachchan, Shahrukh Khan e Saif Ali Khan a crítica recibiuno favorablemente e o público tamén ao convertelo no segundo máis visto tras Koi... Mil Gaya. Internacionalmente tamén foi un éxito, ao pasar a ser o filme indio con maior recadación internacional con 11 millóns de dólares.