Frederick William True, nado o 8 de xullo de 1858 en Middletown, Connecticut, e finado o 25 de xuño de 1914 en Washington, D.C., foi un biólogo estadounidense.
Traxectoria Frederick W. True era fillo de Charles Kittredge True, ministro metodista, e da súa esposa Elizabeth Bassett Hyde.
True estudou na Universidade de Nova York, onde se gadruou en 1878 como licenciado en Ciencias.DePriest, Paula "True, Frederick William". En American National Biography Online (ANB). Oxford University Press. Consultado o 10 de novembro de 2020.
Ao graduarse, aceptou o posto de secretario da Comisión de Pesca dos Estados Unidos (1878-1881). En 1879 foi axente especial experto en pesca, no Décimo Censo dos Estados Unidos. En 1882 estivo a cargo da exhibición de Comisión de Pesca dos Estados Unidos na Exposición de Pesca de Berlín.
True foi o primeiro conservador principal de bioloxía, desde 1897 até 1911, ano da súa morte, no Museo Nacional dos Estados Unidos, hoxe integrado no Instituto Smithsoniano.
É coñecido por ser o descritor para a ciencia de varias novas especies, entre elas: o zifíido Mesoplodon mirus,Mesoplodon mirus True, 1913 no WoRMS. o focénido Phocoenoides dalli,Phocoenoides dalli (True, 1885) no WoRMS. e o mirmecofáxido Tamandua quadridactyla (hoxe clasificada como Tamandua mexicana (Sausure 1860).Tamandua quatridactyla True, 1884 no MSW.
Algunhas publicacións 1884. "A provisional list of the mammals of the North and Central America, and the West Indian Islands". Proceedings of the United States National Museum 78: 587–611. 1890. "Description of a new species of mouse, Phenacomys longicaudus, from Oregon". Proceedings of the United States National Museum 13 (826): 303. 1892. "An annotated catalogue of the Mammals collected by Dr. W. L. Abbott in the Kilimandjaro region, East Africa". Proceedings of the United States National Museum 15: 445–480.
Abreviatura A abreviatura True emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Obras de F. W. True en WorldCat.
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York Categoría:Nados en 1858 Categoría:Nados en Connecticut Categoría:Finados en 1914