Guido Battelli, nado en Sarzana (provincia de La Spezia) o 24 de setembro de 1869 e finado en Florencia o 13 de abril de 1955, foi un escritor, tradutor e profesor italiano.

Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Parma e a Universidade de Boloña, e Filosofía na Universidade de Florencia. Entre 1930 e 1934 foi profesor de literatura italiana na Universidade de Coímbra. De regreso ao seu país, traduciu a obra de Florbela Espanca e outros autores de poesía portuguesa. Publicou principalmente sobre a arte e a cultura de Portugal, e escribiu numerosos artigos sobre artistas italianos para o dicionario biográfico alemán Thieme-Becker.

Colaborou coa revista Nós traducindo ao italiano diversos poemas, como "La leggenda di Carlo Magno” de Avelino Gómez Ledo, da obra Romanceiro Compostelán, e publicado no nº 93 (setembro de 1931), "Nel giardino, una notte seduta" de Manuel Curros Enríquez (nº 119, novembro 1933, tamén no quincenal Faro Villalbés nº 46, marzo de 1934), Noriega Varela, Celestino García Romero e Valentín Lamas Carvajal. Tamén publicou obras de autores galegos en Stampa de Turín e Il Corriere de la Sera de Milán.

Publicacións

"Luoghi romiti: S. Miniato al Tedesco–Cigoli". En: Emporium nº 103, xuño 1903. "Segreti di magia in un cod. del Tesoro". En: Archivum Romanicum. nº 2, 1921. Andrea Sansovino e l’arte italiana della rinascenza in Portogallo (1936)

Notas

Categoría:Nados na provincia de La Spezia

Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Tradutores do portugués Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores ao italiano Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Alumnos da Universidade de Boloña Categoría:Personalidades sen imaxes