Ferrol é un municipio da provincia de Romblon, nas Illas Filipinas. Consonte o censo de 2015, a súa poboación é de 6.964 habitantes."Ferrol. Province of Romblon". PhilAtlas.com"Ferrol, Romblon ". Department of Interior and Local Government (DILG)."Census of Population 2015. Region IV-B (Mimaropa) ". Total Population by Province, City, Municipality and Barangay.
Historia A cidade filipina de Ferrol fundouse en 1850, daquela como un barrio do municipio de Odiongan, na época colonial española. Os españois descubriron ese lugar a uns 10 quilómetros ao suroeste logo dunha persecución a unha expedición de piratas musulmáns que atacaran Odiongan, e bautizaron o lugar ao observaren a súa semellanza coa baía de Ferrol, en Galicia.
En 1978, co fin de consolidar os barrios de Odiongan de fala onhan nun municipio propio, o congresista Nemesio Ganan Jr. elaborou un proxecto de lei presentado no Congreso de Filipinas a partir do cal se constituíu o municipio de Ferrol, que abrangue tamén os barrios de Agnocnoc, Bunsoran, Hinagoman, Tubigon e Claro M. Recto. O 11 de xuño de 1978, Ferrol constituíuse oficialmente no municipio número 16 da provincia de Romblon, en virtude do Decreto presidencial 1.492, asinado polo presidente Ferdinand Marcos."Presidential Decree 1492. Creating the Municipality of Ferrol". Presidential Decrees.
Xeografía Ferrol sitúase na illa Tablas. Limita ao norte con Odiongan, ao oeste co estreito de Tablas, ao leste con Santa María e ao sur con Looc. Ten unha superficie de 26,72 km2.
Barrios (barangays) Ferrol está dividido administrativamente en seis barrios ou barangays: Agnonoc (614 habitantes), Bunsoran (894), Claro M. Recto (660), Poblacion (1.852), Hinaguman (1.125) e Tubigon (1.819)."Municipality of FERROL". Philippine Statistics Authority.
Clima +Datos climáticos de FerrolMesXanFebMarAbrMaiXunXulAgoSetOutNovDecAnoTemperatura máxima media (°C)28293031313029292929292829Temperatura mínima media (°C)21212223252525252524232223Precipitación total (mm)3120253915226931428530320895701,811Días de chuvia9,57,19,011,321,025,728,126,527,324,616,512,1218,7Fonte: Meteoblue."Ferrol: Average Temperatures and Rainfall". Meteoblue.
Demografía
miniatura|Situación de Ferrol na provincia de Romblon. Consonte o censo de 2015, a súa poboación é de 6.964 persoas. A lingua onhan, xunto co tagalo, o hiligaynon e o inglés, son as linguas habitualmente usadas nos negocios e no comercio. +Evolución da poboación en FerrolAnoPoboación± % p.a.19804.840— 19905.621 + 1,51 %19955.772 + 0,50 %20005.924 + 0,56 %20076.395 + 1,06 %20106.802 + 2,27 %20156.964 + 0,45 %Fonte: Philippine Statistics Authority "2010 Census of Population and Housing". Bureau of Census and Statistics.
Goberno local Jovencio "Jun" Mayor, Jr. e Antonio Compas, do PDP-Laban, son o alcalde e o vicealcalde de Ferrol desde o 30 de xuño de 2019."Halalan 2019 Philippine Election Results ". ABS-CBN News.
Economía Ferrol ten o maior nivel de produción vexetal da provincia de Romblon. A gandaría e a produción de arroz tamén están presentes nas zonas costeiras, principalmente destinadas ao consumo doméstico e cultivadas a pequena escala. Outras das actividades económicas son o cultivo de copra e a piscicultura, a pequena industria, o comercio retallista e o turismo.
A cooperativa Tablas Island Electric subminístralle electricidade ao 41,78 % de Ferrol. Canto ás comunicacións, na zona de Ferrol están dispoñibles os servizos de telefonía fixa e móbil de PLDT, Smart e Globe.
A cidade está conectada con Odiongan e con outros municipios próximos pola estrada de circunvalación de Tablas. Os jeepneys e os triciclos son unha forma habitual de desprazamento por estrada. Pola súa banda, o porto de Barangay Agnocnoc é utilizado tanto para a actividade pesqueira como para os desprazamentos entre as illas da provincia.
Turismo miniatura|Praia de Binucot, en Ferrol Entre as praias próximas a Ferrol destacan as de Binucot, Atabay e Guin-awayan. Outro atractivo turístico son as covas de Mabaho e de Burobintana.
Pódese acceder á cidade en barco a través de Odiongan desde as localidades de Batangas e desde Roxas, en Mindoro Oriental. Tamén se pode acceder a través do aeroporto de Tugdan, da cidade de Alcantara, onde a compañía Cebu Pacific opera con voos desde Manila catro veces por semana."Cebu Pacific adds Masbate, Tablas to route network". Retail News Asia.
Notas
Categoría:Cidades de Filipinas Categoría:Ferrol