A Sociedade Numismática de Berlín (en alemán: Numismatische Gesellschaft zu Berlin) é unha asociación sen ánimo de lucro alemá que ten como obxectivo o estudo da numismática e a promoción das publicacións científicas sobre a moeda."Numismatische Gesellschaft zu Berlin e.V.". Sitio web da Sociedade.
Historia A Sociedade Numismática de Berlín estableceuse o 22 de decembro de 1843; é, xa que logo, unha das máis antigas de Europa no seu xénero, soamente posterior á Royal Numismatic Society de Londres, fundada en 1836, e á Société royale de numismatique de Belguique, fundada en 1841 en Bruxelas."Numismatische Gesellschaft zu Berlin 1843 e.V." (tríptico informativo). Sitio web da Sociedade."Numismatische Gesellschaft zu Berlin gegr. 1843". Numismatische Kommission der Länder (numismatische-kommission.de).
Os seus fundadores foron 36 entusiastas da numismática e, ao longo da súa historia, a sociedade contou entre os seus membros con numismáticos sobranceiros, como Hermann Dannemberg (1824-1905), Emil Bahrfeldt (1854-1929), Ferdinand Friedensburg (1858-1930) ou Gerhard Goedecke (1906-1995), moitos deles vinculados ao Münzkabinett de Berlín."Numismatische Gesellschaft zu Berlin gegr. 1843". Numismatische Kommission der Länder (numismatische-kommission.de).
Desde 1880, a Sociedade edita mensualmente a publicación periódica Berliner Münzblätter, que durante a época nazi se viu obrigada a cambiar a súa cabeceira por Deutsche Münzblätter."Berliner Münzblätter (BMB) / Deutsche Münzblätter (DMB)". Coingalery.de
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de asociacións numismáticas Gabinete Numismático de Berlín
Ligazóns externas Sitio web da Numismatische Gesellschaft zu Berlin
Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Cultura de Berlín Categoría:Institucións científicas de Alemaña Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro