A eparquía do Cairo dos caldeos (en ) é unha sé da Igrexa católica caldea en Exipto. No ano 2014 tiña arredor de 2.000 fieis bautizados. A sé está vacante dende 2009; dende 2018 o seu administrador patriarcal é Bulus Sati.
Territorio A eparquía estende a súa xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa caldea de Exipto. A sé episcopal é a cidade do Cairo, onde está a catedral de Nosa Señora de Fátima.
O territorio está organizado en 3 parroquias.
Historia Os católicos caldeos, presentes especialmente no Cairo e Alexandría, estiveron atendidos pola Igrexa latina até finais do século XIX, cando en 1890 o patriarca caldeo Elías XIII Abuliunan erixiu unha vigairía patriarcal. En 1896 había censados 200 fieis caldeos, que eran 400 xa en 1914.
A eparquía foi erixida o 23 de abril de 1980.
Episcopoloxio Afram Badi (23 de abril de 1980 - 18 de xaneiro de 1984, finado) Yusif Saraf (6 de febreiro de 1984 - 31 de decembro de 2009, finado) Administrador patriarcal: Filib Naxim (2010 - 2018) Administrador patriarcal: Bulus Sati (2018 - )
Notas
Cairo Cairo Categoría:Eparquías católicas