miniatura|Carretilla Truper de dúas rodas. Unha carretilla (tamén chamada carreta) é un carro pequeno de man normalmente dunha soa roda (aínda que tamén as hai de dúas) cun caixón para colocar carga, que incorpora dúas barras na parte posterior, está deseñado para ser propulsado por unha soa persoa e é utilizado para o transporte a man de carga en distancias curtas.
A carretilla é unha ferramenta ergonómica para transportar diferentes materiais ou ferramentas. É de uso común en obras de construción, en horticultura e xardinaría, así como en granxas. O principio no que se basea o seu funcionamento é o da panca asociado coa posición do centro de gravidade cara á base do centro de apoio (a roda), que lle outorga unha gran eficiencia.
Competición En Galiza faise unha competición chamada Rally de Carretillas en Vila de Cruces,"El tradicional Rali de Carretillas toma hoy la salida en Vila de Cruces". Faro de Vigo, 10/8/19. que ten a carretilla como principal protagonista, ademais dunha exposición de carretillas decoradas por artistas e deseñadores gráficos.Rally de Carretillas de Vila de Cruces.
Notas
Categoría:Xardinaxe Categoría:Ferramentas