Ramón D. Veiga, nado en Ferrol o 7 de outubro de 1970, é un filólogo e escritor galego.
Traxectoria É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña. Dende 1996 traballa no mundo editorial, que compaxina coa colaboración en diferentes blogs. Coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.
Como escritor, ten varias obras dirixidas ao público infantil. Tamén é autor da serie de banda deseñada «Miñoca» / «Lombriz» / «Cuc» (Xerais / Takatuka 2021, 2022).
En 2020 publicou o conto en liña #EuQuedoNaCasa, que resume a situación que se viviu nos fogares onde hai nenos durante os días de confinamento provocados pola COVID-19. Tamén Bombas de chocolate (2022) sobre a guerra de Ucraína.
Obra
Infanto xuvenil Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín (2017). Vigo: Xerais, Pequeno Merlín. Ilustracións de David Sierra. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-262-1. É tempo de Entroido! (2018). Vigo: Xerais. Pequeno Merlín. Ilustracións de David Sierra. 40 páxs ISBN 978-84-9121-406-9. A araña que lles tiña medo ás arañas (2019). Vigo: Xerais, Pequeno Merlín. 40 páxs. Ilustr. Iván R.Entrada sobre a obra en Cadernodacrítica. ISBN 978-84-9121-585-1. Meigas fóra! (2020). Vigo: Xerais, Merlín. 64 páxs. Ilustr. Iván R. ISBN 978-84-9121-675-9. ePub: ISBN 978-84-9121-812-8. ePub: ISBN 978-84-9121-812-8. Kindle_KF8: ISBN 978-84-9121-887-6. É tempo de Entroido 2. Non pare a festa (2021). Vigo: Xerais. Pequeno Merlín. Ilustracións de David Sierra. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-780-0. De festa en festa. Contos e tradicións de diferentes puntos da península ibérica (2022). Vigo: Ed. do Cumio. Ilustracións Sr. Reny. 48 páxs. ISBN 978-84-8289-578-9 Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente (2022). Ferrol: Ed. Embora. Violeta ás agachadas (2023). Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-379 Ilustracións de Abi Castillo. Chove! (2024). Vigo: Xerais. 56 páxs. Ilustracións de Iván R. ISBN 978-84-1110-483-8. Medo me dá! (2024). Ferrol: Edicións Embora. 58 páxs. Ilustracións de Nuria Díaz. ISBN 978-84-19853-05-9. Maios e desmaios (2025). Vigo: Xerais. 64 páxs. Ilustracións de Iván Rodríguez Castro. ISBN 978-84-1110-611-5. ePub: ISBN 978-84-1110-636-8. Pernascochas (2025). Allariz: Antela Ed. ISBN 978-84-129174-9-9. Vigo pequeno (2026). Vigo: Xerais. Ilustracións de Rubén González. 56 páxs. ISBN 978-84-1110-759-4. ePub: ISBN 978-84-1110-815-7.
Serie Miñoca
Miñoca e coello (2021). Vigo: Xerais. 56 páxs. Ilustracións de Iván R. ISBN 978-84-9121-980-4. ePub: ISBN 978-84-9121-980-4. Miñoca e pega (2022). Vigo: Xerais. 56 páxs. Ilustracións de Iván R. ISBN 978-84-1110-090-8. ePub: ISBN 978-84-1110-096-0. Miñoza e ourizo (2023). Vigo: Xerais. 56 páxs. Ilustracións de Iván R. ISBN 978-84-1110-287-2. ePub: ISBN 978-84-1110-299-5.
Novela
Zoom (2022). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-1110-104-2. ePub: ISBN 978-84-1110-138-7. O autor pediulles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos unha imaxe para argallar unha historia para cada unha delas.
Premios 2021: Premio Arume de Poesía para a Infancia por Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente. 2023: II Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con Medo me dá! 2025: I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses por Pernascochas, promovido por Avigal e Antela Editorial.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en LG3.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña