Better Call Saul é unha serie de televisión estadounidense creada por Vince Gilligan e Peter Gould. É un spin-off e unha precuela da anterior serie de Gilligan, Breaking Bad. O argumento está ambientado a comezos da década de 2000 en Albuquerque, Novo México, e conta a historia de Jimmy McGill (Bob Odenkirk), un avogado que se converte en defensor de criminais, coñecido posteriormente como Saul Goodman. Tamén amosa o decline moral do policía retirado Mike Ehrmantraut (Jonathan Banks), quen se converte nun socio do cartel de Juárez para apoiar á súa familia. As historias de Jimmy e Mike interactúan de xeito esporádico até que as dúas liñas argumentais converxen finalmente. O primeiro episodio foi emitida orixinalmente por AMC o 8 de febreiro de 2015, estreándose cinco tempadas a continuación. A sexta e derradeira tempada, que conta con 13 episodios, estreouse o 18 de abril de 2022, e está prevista que remate o 15 de agosto de 2022.
Personaxes Bob Odenkirk como Jimmy McGill / Saul Goodman / Gene Takavic Jonathan Banks como Mike Ehrmantraut Rhea Seehorn como Kim Wexler Patrick Fabian como Howard Hamlin Michael Mando como Nacho Varga Michael McKean como Chuck McGill Giancarlo Esposito como Gus Fring Tony Dalton como Lalo Salamanca
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1990 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 2000 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 2010