Luc Montagnier, nado en Chabris o 18 de agosto de 1932 e finado en Neuilly o 8 de febreiro de 2022, foi un virólogo francés. Realizou o seu doutoramento en medicina pola Universidade de Poitiers, e en 1967 iniciou as súas investigacións en viroloxía. En 1972 foi nomeado xefe da Unidade Oncolóxica Viral do Instituto Pasteur, e en 1974 foi designado tamén director do Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS). En 2008 obtivo o Premio Nobel de Medicina, xunto a Françoise Barré-Sinoussi, polo descubrimento do virus de inmunodeficiencia humana (VIH), causante da sida; devandito galardón foi compartido con Harald zur Hausen, quen foi premiado polo descubrimento dos virus do papiloma humano que causan cancro cervical.Dous franceses e un alemán gañan o Nobel de Medicina, AFP, 6 de outubro de 2008

Principais achegas En 1983 o equipo do que formaba parte describiu e identificou o que foi un dos maiores descubrimentos das últimas décadas do século XX: o virus VIH causante da sida, apenas pouco despois de que esta síndrome fose recoñecida como unha nova entidade patolóxica en 1981. O virus foi chamado inicialmente virus asociado á linfomadenopatía (LAV). Un ano despois o equipo do estadounidense Robert Gallo confirmou o descubrimento do virus e que este era o causante da sida. O virus foi renomeado virus T-linfotrópico tipo III (HTLV-III).

Durante moitos anos houbo unha forte disputa sobre se o primeiro en illar o virus fora Montagnier ou Gallo. En novembro de 1990, a Oficina de Integridade Científica dos Institutos Nacionais da Saúde tentaron clarificar o asunto designando unha comisión que analizase as mostras almacenadas no Instituto Pasteur e no Laboratorio de Bioloxía de Células Tumorais do Instituto Nacional do Cancro entre 1983 e 1985. O grupo, liderado por Sheng-Yung Chang, concluíu que o virus de Gallo proviña do laboratorio de Montagnier. Chang concluíu que o virus do grupo francés contaminara un cultivo do que o grupo de Montagnier enviara unha mostra a Gallo, e á súa vez contaminou os cultivos en que Gallo estaba a traballar.

Hoxe en día recoñécese que o grupo de Montagnier foi o primeiro en illar o virus VIH, mais que o grupo de Galo foi o que demostrou que o virus causa a sida e foi responsable de gran parte do desenvolvemento científico que fixo posible o descubrimento, incluíndo unha técnica desenvolvida previamente por Gallo para o cultivo de células T en laboratorio.

No número de 29 de novembro de 2002 de Science, Gallo e Montagnier publicaron unha serie de artigos, un deles asinado por ambos, en que recoñecen as achegas fundamentais que cada un tivera no descubrimento do VIH.Montagnier L. (2002) Historical essay. A History of HIV Discovery. Science 298(5599): 1727-8 (29 de novembro). PMID 12459575 Gallo RC. (2002) Historical essay. The Early Years of HIV/AIDS. Science 298(5599): 1728-30 (29 de novembro). PMID 12459576 Gallo RC & Montagnier L. (2002) Historical essay. Prospects for the Future. Science 298(5599): 1730-1 (29 de novembro). PMID 12459577

Premios Montagnier recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica, compartido con Robert Gallo, no ano 2000 e o Premio Nobel de Medicina en 2008 compartido con Harald zur Hausen e Françoise Barré-Sinoussi.

Controversias No seus últimos anos algunhas declaracións de Luc Montagnier foron polémicas como a recomendación dada en 2002 ao papa Xoán Paulo II de tratar o párkinson con papaia fermentada, a idea de que a dieta africana favorecía a difusión da sida, ou a defensa da "pista microbiana" como causante do autismo e da homeopatía. O seu escepticismo sobre as vacinas foi denunciado en 2017 por máis de cen académicos franceses, que cualificaron as súas posicións como "perigosas". En abril de 2020, ao comezo da pandemia de covid-19, Luc Montagnier considerou que se trataba dun virus creado nun laboratorio a partir do VIH, algo que foi criticado pola comunidade científica. Todas estas controversias lastraron o seu prestixio científico.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The discovery of the AIDS virus in 1983 – Posición oficial do Instituto Pasteur. PROFILE: Luc Montagnier, Francoise Barre-Sinoussi – AIDS pioneers Luc Montagnier Foundation

Categoría:Nados no departamento de Indre Categoría:Nados en 1932 Categoría:Médicos de Francia Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Premios Nobel de Francia Categoría:Premios Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Liexa Categoría:Alumnos da Universidade de Poitiers Categoría:Viroloxía